O FISOBER FSF RECUPERA A SENDA DA VITORIA NUN DISPUTADO ENCONTRO CO BALAIDOS CF, (3-2), NA 24ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

LIGA AUTONÓMICA – PREFERENTE GALICIA FSF

 

 

 FISOBER FSF 3-2 BALAÍDOS CF
FISOBER: Sharay, Patri, Nuriña, Saray, Lucía Martínez. Tamén xogaron: Uxía, Barca, Adriana, Paula Fandiño, Ana.
BALAÍDOS: Xiana, Noelia, Patricia, Adriana, Carlota. Tamén xogaron: Nerea, Ireka, Sofía, Iria.

 

GOLES: 1-0 min 9 Uxía, 2-0 min 10 Patri, 2-1 min 18 Patricia, 2-2 min 19 Carlota, (descanso), 3-2 min 34 Paula Fandiño.

ÁRBITROS: Fernando Martínez e Noemí Costoya.

INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría correspondente a 24 xornada de Liga Autonómica- Preferente Galicia Feminina.

 

Uxía voltaba tras unha longa lesión e abría o marcador.

 

CRÓNICA

Tres puntos nun encontro que demostra que cada partido vai a ser moi difícil de aquí ao que falta de tempada, e que calquer rival vai poñer as cousas moi complicadas, porque tamén se está a xogar algo. A mellor nova ademáis dos tres puntos a volta as pistas de Uxía despois de moitos meses lesionada, e non o puido facer de mellor maneira ca cun gol para abrir o marcador.

Os dous equipos eran conscientes do moito que se xogaban un pola parte alta e outro por manterse fora da baixa e iso mostrouse na pista. Comezaba dominando o conxunto costeiro pero sen impoñer moito o ritmo e cun conxunto visitante que tamén tiña o seu.

Pasaban os minutos e nada trocaba na pista do Conco co cerocerismo no electrónico.
Ata que mediada esta primeira metade Uxía que voltaba despois de varios meses de parón debido a unha lesión abría o marcador para poñer en vantaxe as costeiras e para ledicia de todos sabedores do que pasara a xuvenil costeira.
Pouco despois era Patri a que facía o segundo gol local que parecía dar tranquilidade o conxunto de Fran Toba.
Quizais demasiada tranquilidade, no xogo. Cando parecía que se ía chegar con esa cómoda vantaxe o tempo de lecer nos últimos dous minutos apareceu o conxunto visitante para mudalo todo.

Primeiro Patricia reducía diferenzas no marcador co primeiro gol olívico. E case sen tempo a respirar Carlota igualaba o partido nun abrir e pechar de ollos para facer que ambos equipos se foran a caseta con igualada a dous tantos.

A volta de vestiarios o Fisober intentou volver a poñerse por diante e deixar o tres puntos na casa despois de caer no último partido no Conco fronte ao Vilalba, dúas picadas na casa seguidas non lles viñan ben.
Intentabao sen materializar as ocasións que tiña e sen conseguir o obxectivo. Pasaban os minutos e non eran quen de poñer o terceiro no electrónico.

Ata que no minuto trinta e catro Paula Fandiño facía o tres a dous para ledicia da parroquia local.
Dende aquí ata o fin sufrimento costeiro polo apretado do resultado pero finalmente os puntos quedaron no Conco para seguir na loita polo título.

A vindeira xornada toca visita a terras do Carballiño.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad