PREFERENTE GALICIA FSF
-Derradeira xornada-
FISOBER FSF 7-1 CD COMPOSALA
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Nuriña, Andrea; tamén xogaron: Myrella, Saray, Nai.
COMPOSALA: Eva, Nerea, Montse, Noa, Aurora; tamén xogaron: Raquel, Andrea.
ÁRBITROS: Jorge Fernández, Jorge Beiras.
GOLES: 1-0 min 1 Patri, 2-0 min 15 Paula Fandiño, 3-0 min 19 Patri, ( descanso), 4-0 min 21 Paula Fandiño, 5-0 min 21 Andrea, 6-0 min 29 Sharay, 7-0 min 34 Andrea, 7-1 min 35 Eva.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 30ª xornada e última de Liga Autonómica- Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.
CRÓNICA
Primeiro de nada dar a noraboa ó Grupo Forma-T Vilalba FS polo título.
O Fisober por segunda tempada consecutiva quedouse a porta do título co subcampionato, desta vez a puntos iguais co campión Vilalba no que o average particular decidiu o título.
As costeiras fixeron o seu record de puntos na categoría con 81, con tan solo tres derrotas ó igual co ano do título no 2012, pero daquela a liga foi a 26 xornadas e desta vez tivo catro máis, as lesións tampouco axudaron perdendo a Barca durante todo o 2024 e para as últimas xornadas as de Adriana e Ana, pero con todo iso o Fisober pelexou ata o último minuto do último partido o título que caeu novamente cruz.
As costeiras sabían que tiñan que gañar e esperar o resultado en Vilalba. Sabedoras disto comenzaron moi ben xa que Patri facía o un a cero no primeiro minuto.
O Composala curiosamente chegaba cas baixas das dúas ex do Fisober que teñen nas súas filas, Andrea Mazas e Carla Couso.
Pouco duraba a ledicia xa que pouco despois chegaban novas dende Vilalba de que as locais tamén se poñían por diante. Nunha xornada de unificación de horarios polo título.
Pasaban os minutos e todo continuaba igual en ambas pistas. Ata que Paula Fandiño e novamente Patri poñían o tres cero costeiro para chegar o tempo de lecer.
As novas de Vilalba non eran boas xa que as locais chegaban con dous cero ó intermedio.
A volta de vetiarios o Fisober pechaba definitivamente o partido cos goles de Paula Fandiño e Andrea nada máis entrar na pista.
Todo quedaba pendente de Vilalba onde nada se movía.
As visitantes arriscaban co xogo de cinco o que permitiu a porteira Sharay facer o seis cero e logo Andrea o sétimo.
As visitantes facían o gol da honra por medio de Eva.
Remataba o partido en Dumbría e pouco despois co tres a cero en Vilalba, as costeiras quedaban por segundo ano consecutivo as portas do título, despois do maior puntaxe da súa historia.
-Fotos e texto : Prensa Fisober FSF