O FISOBER FSF PLANTOULLE CARA O LIDER DA PREFERENTE GALICIA FS, CELANOVA, (2-4).

PREFERENTE GALICIA 

LIGA AUTONÓMICA

Fisober e Celanova entonaron o “Non a violencia de xénero”.

FISOBER F.S.F. 2-4 TERRA DE CELANOVA F.S.F.

FISOBER : Lía, Mai, Saray, Adriana, Paula Fandiño ; Tamén xogaron : Nuriña, María Maroñas, María Dumbría.

CELANOVA : Nerea, María, Isa, Belén , Cintia ; Tamén xogaron : Vane, Marta, Alba, Mónica, Cris.

ÁRBITROS : Jorge Fernández , Javier Fernández.

GOLES : 1-0 min 7 María Dumbría, 1-1 min 9 Vane, 1-2 min 12 Vane, 1-3 min 19 Mónica , ( descanso ), 1-4 min 23 Isa, 2-4 min 27 Adriana.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 21 ª xornada de Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na maña do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría.

Gol do Fisober FSF ante o lider.

CRÓNICA

O Fisober vendeu cara a súa pel ante o líder nun partido moi igualado e con alternativas, no que as locais chegaron xustas de efectivos por mor das lesións. Pero o máis importante da xornada foi a convivencia entre os ata cinco equipos costeiros que xogaron perante todo o domingo e no que foi emocionante ver como xogadoras e xogadores dos diferentes equipos apoiaban uns aos outros.

Comezou moi ben o Fisober e un tiro de Paula Fandiño era desvíado entre a porteira e o pau para evitar que se adiantaran as costeiras.

O Fisober creaba perigo con roubos a media pista e tiros exteriores. Despois dun saque de esquina un rexeite en Saray a piques estivo de ser gol.

O líder trataba de apretar pero o Fisober andaba ao seu. Adriana no primeiro pau case marca de novo para as locais pero o gol non chegaba.

E de tanto buscalo o Fisober atopouno cun roubo de Saray e cun lanzamento do que o seu rexeite chegou a María Dumbría que adiantaba as locais.

Pouco lle durou a ledicia as locais xa que non tardaron en igualar as visitantes despois dun saque de esquina.

A resposta foi cun lanzamento lonxano de Paula Fandiño. Pero de novo as visitantes cunha contra aproveitaban para poñerse en vantaxe no electrónico. Despois de tanto remar o Fisober víase por debaixo no marcador.

As visitantes víñanse arriba e poñían a proba a Lía. Tamén o probaba Paula Fandiño no que un tiro seu era desvíado pola porteira ao longueiro.

As visitantes vivían os seus mellores momentos e acadaron o terceiro antes de chegar a vestiarios.

A volta de vestiarios chegou un novo gol visitante, unha xerra de auga fría para o bo traballo local.

Aínda así as costeiras non se rendiron e Adriana reduxo distancias mediada a segunda metade.

De novo Adriana tivo a oportunidade de reducir aínda máis o tanteador pero non foi quen de aproveitar un envío de Paula Fandiño.

As visitantes apretaron e tiveron oportunidades pero o resultado xa non se moveu.

A vindeira semana importante visita a Monterroso, nun partido que probablemente se dispute na tarde do domingo.

 

–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua aportación na confección das crónicas cos seus comentarios, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas, propias e intransferibles.

 

-Fotos : Fisober  FSF

-Texto : Luis Sambad

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies