PREFERENTE GALICIA
LIGA AUTONÓMICA
BALAIDOS CF 0-3 FISOBER FSF
BALAIDOS: Xiana, Ireka, Noelia, Patricia, Iria; Tamén xogaron: Ingrid, Nerea, Carlota, Adriana.
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Mai; Tamén xogaron: Adriana, María Dumbría, Barca, Nuriña, Lucía Martínez.
ÁRBITROS: David Bastos e Alba Fernández.
GOLES: 0-1 min 17 Patri, ( descanso), 0-2 min 23 Paula Fandiño, 0-3 min 23 Paula Fandiño.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 9ª xornada de liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na tarde do domingo no P. do Berbés na cidade olívica.
CRÓNICA
O Fisober segue ca boa xeira de resultados e mantén a segunda posición da táboa despois do triunfo a domicilio desta vez en Vigo, nun partido moi serio por parte das visitantes.
Custoulle o inicio do partido as costeiras que non atopaban o xogo, nin a fluidez ante as locais que opuxeron moita resistencia na primeira metade.
Non era quen de desatascar o sistema das olívicas o conxunto costeiro. Pasaban os minutos e o resultado gafas non marchaba do electrónico.
Ata que no minuto 17 aparecía Patri para poñer en vantaxe as costeiras e darlle novos pulos as visitantes antes de chegar ao tempo de lecer.
A volta de vestiaros as rapazas do Fisober saíron con outro ritmo e outra confianza, quizais grazas ao gol postreiro na primeira metade.
E no minuto 23 Paula Fandiño facía o segundo gol visitante.
Case sen tempo para dixerilo voltou a marcar de novo Paula Fandiño para matar quizais definitivamente o partido.
Eses dous goles foron a mostra do dominio do Fisober na segunda metade, un conxunto costeiro moi superior e con moitas ocasións, que mellorou con creces a primeira metade e que puido traer incluso un resultado mellor.
Pero o rival a pesares da clasificación son un conxunto bo e con xogadoras de calidade que fixo que o Fisober tivera que estar moi serio durante todo o partido para traerse os tres puntos de volta a Dumbría o que as segue mantendo na segunda posición da clasificación por detrás do Meigas.
A vindeira xornada o Fisober recibe ao Carballiño.
-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad