O FISOBER FSF INICIA A LIGA SUMANDO DE 3 ANTE O CARBALLIÑO FS, NA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

FISOBER F.S.F. 2-1 CARBALLIÑO F.S. 

FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, María Dumbría, Ana, Carre; Tamén xogaron : Lucía Martínez, Adriana, Nuriña, Saray, Uxía,Lucía Canosa.

CARBALLIÑO: Sara, Andrea, Paula, Laura, Letizia; Tamén xogaron: Silvana, Laura Varela, Nerea.

ÁRBITROS: Fernando Martínez e Pablo Gondelle.

GOLES: 0-1 min 4 Letizia, 1-1 min 7 Lucía Canosa, 2-1 min 10 Adriana.

Partido disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a primeira xornada da Liga Preferente Galicia-Liga Autonómica feminina.

O Fisober sacaba adiante o primeiro partido da tempada gañando coma local e collendo folgos despois dunha pretempada atípica, pero que tivo a mala nova da lesión de Paula Fandiño que aínda está pendente de evolución.

Os dous equipos iniciaron o partido con imprecisións. Co paso dos minutos o Fisober foise facendo co dominio e as visitantes a esperar a media pista.

A primeira ocasión foi para as locais cun saque de falta rápida de Ana para Paula Fandiño. Pero aos catro minutos un roubo das visitantes remataba co gol de Letizia no un para un para poñer ao Carballiño por diante.

Pero aos sete minutos Lucía Canosa foi a máis lista e cun tiro exterior poñía a igualada no electrónico.

De novo Lucía Canosa xogaba para Adriana que case pon en vantaxe as costeiras.

As visitantes tamén buscaban o gol e cun tiro exterior facían intervir a Sharay.

A resposta foi por parte de Paula Fandiño cun tiro e no rexeite da porteira Adriana enviaba o balón ao pau.

Seguía moi bulideira Lucía Canosa e despois de regatear a dúas xogadoras case anota co seu lanzamento.

E tano estaba a buscar o gol o Fisober que un centro de Paula Fandiño era rematado de cabeza por Adriana para facer o dous a un aos dez minutos, un tanto que o final foi definitivo.

Unha xogada entre Ana e Uxía case remata co gol da capitana costeira. Un roubo de Paula Fandiño cun roubo e unha vaselina case fai o terceiro. Outro roubo desta vez de Carre propiciaba outra opción para as locais.

Uxía tiña unha nova opción despois dun saque de banda rápido. Tamén Paula Fandiño cun tiro exterior bicaba o pau pero sen sorte.

Para rematar a primeira metade unha gran combinación remataba con balón de Ana para María Dumbría que case marca.

A segunda metade tivo menor ritmo e a primeira ocasión foi para as visitantes cunha contra que fixeron actuar a Sharay.

Pero o partido seguía aberto e ambos equipos tiñan ocasións. Aínda que as visitantes buscaban as ocasións nos erros das locais saíndo en perigosas contras.

A mala nova era a lesión de Paula Fandiño no xeonllo, que de momento está pendente de evolución.

O Fisober buscaba a posesión e buscar ocasións desto como unha gran combinación que remataba con lanzamento de Saray.

A última ocasión do partido foi para María Dumbría despois dunha boa combinación das locais.

A vindeira semana o Fisober visita un dos “cocos” da categoría como é o Cidade de Pontevedra.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies