O Fisober FSF Infantil finalista da Copa Galicia da Preferente Infantil tras tomarse a revancha ante o Arealonga pola final da Copa da Liga.

COPA GALICIA INFANTIL PREFERENTE

-Semifinal-

Fisober FSF 3-0 Arealonga FS Chapela

Había aire de revancha antre as rapazas do Fisober Infantil tras caer na final polo campionato galego de Preferente con este mesmo equipo e ademáis na tanda de penaltis. Unha derrota que as inpedeu repetir a moitas delas no campionato de España, do cal son poseedoras da copa do ano pasado.

O choque foi de novo moi intenso pero desta volta as rapazas que preparan e dirixen Paula Fandiño, Sharay Caamaño e Adriana Castro puxéronse por diante aos 8 minutos cun tanto de Martina Lago, eso axudou e máis cando chegaba o segundo aos 22 minutos por medio de Claudia Ares. Martina Lago xa no treito final finiquitaba o choque.

O rival das fisoberistas na finalísima do vindeiro 7 de xuño, (salvo trocos), que ainda ten pendente a pista, será o ED Poio Pesamar FS-Milongas, que derrotaba na outra semifinal ao Servivio Movil Lago Sport por 5-3, no encontro xogado no Municipal de A Seca, (Poio), tal e como xa vos informamos na previa destas semifinais.

Fisober FSF : Carlota, Noa Sambad, Claudia, Martina Fernández e Mar Méndez, (cinco inicial); Jimena, Alba, María Balayo, Icia, Martina Lago e Marina.

Arealonga FS Chapela : Carlota, Alicia, Carla, Natalia e Ainara, (cinco inicial); Iria, Naia, Paula, Uxía e Saray.

Árbitros : Jorge Fernández e Nicolás Cutrone.

Incidencias : Encontro disputado no Pavillón Municipal de Cee na tarde do sábado 23 maio 2026, cun cheo nas bancadas.

As rapazas do Fisober celebrando o pase a final cunha danza ensaiada :

.

-Vídeo : Juan Ángel Sambad

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”