O FISOBER FSF GÚSTASE CUN FINAL DE ENCONTRO APOTEÓSICO ANTE O BALAIDOS CF, (8-5), NA 27ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

PREFERENTE GALICIA

LIGA AUTONÓMICA

FISOBER FSF 8-5 BALAIDOS CF 

FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Ana, Carre; Tamén xogaron: Claudia, María Dumbría, Lucía Martínez, Uxía, Saray, Mai, Lucía Canosa.

BALAIDOS: Xiana, Adriana, Noe, Iria, Noelia Feijoo; Tamén xogou: Ireka.

ÁRBITROS: Carlos Raggiati, Noemí Costoya.

GOLES: 1-0 min 3 Paula Fandiño, 2-0 min 3 Ana, 2-1 min 5 Noe, 3-1 min 8 Saray, 3-2 min 10 Ireka, 4-2 min 15 Adriana, 4-3 min 18 Iria, 4-4 min 19 Noelia Feijoo, ( descanso) 5-4 min 21 Ana, 5-5 min 34 Noe, 6-5 min 36 Carre, 7-5 min 37 Saray, 8-5 min 39 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 27 xornada da Liga Autonómica-Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

O Fisober levouse o triunfo nunha tarde chea de goles e de minutos para todas as xogadoras nunha convocatoria que tan solo tiña a baixa de Nuriña.

O Fisober anotou o primeiro gol no seu primeiro tiro a portería despois dunha combinación entre Adriana e Ana que deixou para Paula Fandiño que despois dun recorte e un tiro ca esquerda abría o marcador.

E case de seguido un roubo de Ana finalizabao ela mesma para facer o segundo gol costeiro.

Despois dun saque de esquina recurtaba diferencias Noe para as visitantes co dous a un.

O Balaidos comezou a a presionar o Fisober pero un roubo e unha parede entre Ana e Saray reamatou co gol desta última para o terceiro das costeiras.

De novo nun saque de esquina recurtaba o conxunto olívico por mediación de Ireka desta vez.

O Fisober tiña ocasión por mediación de Carre primeiro e despois de Uxía.

O Balaidos non se rendía e tamén tiña as súas. Pero o Fisober sorprende co xogo de cinco e cun gol de Adriana para o catro a dous.

Pero ao final da primeira metade o Balaidos faise forte e marca dous goles para chegar igualados o tempo de lecer e incluso tivo unha para irse en vantaxe.

O inicio da segunda metade foi cun novo tanto costeiro desta vez obra de Ana para volver a poñer as suas por diante.

Saray e Carre intentaban aumentar a diferencia no marcador. O Balaidos buscaba tamén a igualada.

A resposta era por parte de María de Dumbría con dúas ocasións. Pero quen pegaba era de novo o conxunto visitante despois dun saque de esquina.

Despois dun dobre penalti Carre facía o sexto para o Fisober. Despois chegaba a peor nova do partido cunha posible lesión de xeonllo de Mai.

As visitantes arriscaban co xogo de cinco e o Fisober sacaba proveito con dous novos goles obra de Saray e de Paula Fandiño.

A vindeira semana o Fisober visita ao Cidade das Burgas B.

-Fotos . Fisober FSF

-Texto : Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies