O FISOBER FSF GOLEA EN LUGO NA 4ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA.

 PREFERENTE GALICA

LIGA AUTONÓMICA

O Fisober goleou e levantou o pedal.

 

ADC LUGO SALA PSICOTÉCNICO DINAN 3-7 FISOBER FSF

LUGO: Jesica, Mireia, Lucía, Mariajo, Ana; Tamén xogaron: Uxía, Fany, Jenny, María, Belén.

FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Nuria, Barca; Tamén xogaron: Patri, Claudia, Mai.

ÁRBITROS: Tania Penabad, Nicolás Vázquez.

GOLES: 0-1 min 5 Mai, 0-2 min 10 Nuriña, 0-3 min 16 Paula Fandiño, 0-4 min 19 Patri, ( descanso); 0-5 min 23 Patri, 1-5 min 31 Jenny, 1-6 min 32 Claudia, 1-7 min 38 Barca, 2-7 min 38 Jenny, 3-7 min 39 Jenny.

Partido correspondente a cuarta xornada da Liga Autonómica- Preferente Galicia disputado na tarde do sábado no P.M. Casa do Deporte – Frigsa de Lugo.

 

CRÓNICA

O Fisober sacaba adiante con solvencia un partido no que recuperaba a Adriana, Patri e Barca pero no que no podía contar con Ana, Uxía, Lucía Martínez, María Dumbría e Saray o cal fixo que Paula Fandiño lucise o brazalete de capitana.

Aos cinco minutos Mai poñía por diante as costeiras e fixo que todo fora moito máis fácil na visita a terras lucenses no medio das festas do San Froilán.

Mediada a primeira metade era Nuriña a que facía o segundo e pouco despois era Paula Fandiño a que poñía xa tres goles por enriba ao conxunto costeiro.

Antes de chegar ao tempo de lecer era Patri a que facía o cero a catro e que deixaba encamiñado o partido.

A volta de vestiarios novamente Patri marcaba para o cero a cinco. Pasaron os minutos ata que mediada a segunda metade a lucense Jenny reducía diferenzas no electrónico.

Pouco lle durou a inquedanza ao Fisober xa que tan solo un minuto despois Claudia facía o sexto gol visitante. Unha Claudia aínda en idade cadete que facía o seu primeiro gol ca camisola do Fisober na categoría.

Antes do final era Barca a que voltaba a marcar co Fisober tantos anos despois e facía tamén o seu primeiro gol da tempada.

Antes do fin chegaría o tempo para as locais que por medio de Jenny fixeron o segundo e o terceiro para que a xogadora lucense enmarcara o seu hattrick no partido. Chegándose ao final co definitivo tres a sete para o conxunto costeiro.

Desta forma o Fisober consegue os seus primeiros puntos a domicilio na tempada e tamén xuntar dos triunfos seguidos por primeira vez na tempada.

Próxima xornada

A vindeira semana novo partido a domicilio para o Fisober que nesta ocasión visitará ao Gaiola en Santiago de Compostela.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies