PREFERENTE GALICIA
Nuriña fixo un dos goles fisoberistas.
FISOBER FSF 7-1 A FERVENZA FSF
FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Barca, Nuriña -5 inicial- Patri, Ana, Saray, Andrea.
FERVENZA: Clara, Laura, Irene, Paula, Iria -5 inicial- Ainhoa, Keira, Tania.
ÁRBITROS: Jairo Mosteiro, Manuel Zarauza.
GOLES: 1-0 min 3 Barca, 1-1 min 15 Keira, ( descanso), 2-1 min 22 Andrea, 3-1 min 24 Andrea, 4-1 min 27 Patri, 5-1 min 31 Nuriña, 6-1 min 35 Paula Fandiño, 7-1 min 38 Patri.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 5ª xornada de liga na Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.
-CRÓNICA-
Novo triunfo do Fisober que se acadou na segunda metade despois dun primeiro acto igualado, ante un recén descendido da categoría nacional.
O Fisober arrancou ben e no minuto tres adiantábase despois dun roubo de Paula Fandiño que cedía para Barca para facer o un a cero.
Pero despois diso as locais estiveron moi espesas e a pesares diso chegaron a ter ocasións pero a boa actuación da porteira visitante Clara facía que o resultado non se movera.
Así os quince minutos Keira facía a igualada para as de Ferrolterra. E non so iso xa que as visitantes tiveron un tiro o ferro tamén nesta primeira metade. Con igualada a un chegouse o tempo de lecer.
A volta de vestiarios novamente o Fisober marcaba para desfacer a igulada por medio de Andrea. Pouco despois de novo Andrea facía o tres a un. Un gol que lle deu tranquilidade as costeiras o que provocou que foran moito máis dinámicas en ataque.
No minuto 27 era Patri a que faía o cuarto e case deixaba sentenciado o partido. Mediada esta segunda metade a que marcaba era Nuriña.
Despois nos últimos minutos eran Paula Fandiño e Patri as que pechaban o electrónico.
A vindeira semana toca a difícil visita a pista lucense do Ribeira, onde terán que facer un partido moi completo se queren sacar algo en limpo.
-Foto e Texto : Prensa Fisober FSF
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR