PREFERENTE FUTGAL FEMININA
CIDADE DAS BURGAS 6-4 FISOBER FSF
BURGAS: Noa, Dunia, Antía, Sonia, Karem; tamén: Elena, Daniela, Nahir, Clara, Aroa, Antía, Emma
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Barca, Saray; tamén: María, Alba, Ana.
ÁRBITROS: Brais Leis, Leudys de la Rosa
GOLES: 0-1 min 2 Paula, 1-1 min 6 Dunia, 1-2 min 13 Paula, 1-3 min 15 Patri, 2-3 min 27 Antía, 3-3 min 28 Dunia, 3-4 min 29 Barca, 4-4 min 35 Clara, 5-4 min 38 Dunia, 6-4 min 39 p.p.
INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado no PM Os Remedios de Ourense correspondente a 20ª xornada de liga.
CRÓNICA
Despois dunha moi boa primeira metade a mala segunda fixo caer ó Fisober na visita a mítica pista dos Remedios, contra un histórico coma o Cidade das Burgas, capitaneados por outros dous históricos coma Sonia na Pista e Codeso no banco. Nunha tarde na que voltaba a capitana do Fisober, Ana as pistas despois duns meses apartada.
Iniciou moi ben o Fisober que marcou o pouco por medio de Paula Fandiño. Igualaba Dunia ós seis minutos. Pero o Fisober estaba a ser un vendaval e novamente Paula Fandiño e Patri puxeron o un a tres. As ocasións chegaban pero entre os paus e a boa actuación impediron que a vantaxe o tempo de lecer fora meirande. O Fisober fixera probablemente a mellor primeira parte en xogo ofensivo do curso.
Pero esto provocou que as costeiras saíran relaxadas do vestiario, e as das termas saíron a por todas. O Burgas dominou de principio a fin esta segunda metade. Aínda que tardaron en lograr o dous a tres, este gol deulles folgos e puxoas no partido. A pesares de que Barca foi quen de lograr o tres a catro xusto despois de que igualaran as locais, foi un espellismo. Porque o Burgas deulle a volta o electrónico e levouse o partido despois da súa boa segunda metade.
O Fisober voltará a competición despois do parón de Entroido recibindo ó Concello de Begonte.
-Foto e texto : Luis Sambad Prensa Fisober