O FISOBER FSF DESPIDE A TEMPADA CUN EMPATE ANTE O VIGO 2015 E CA DESPEDIDA DO ADESTRADOR DANI COSTA.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA GALLEGA-

As fisoberistas con Dani Costa.

FISOBER FSF 1-1 ED VIGO 2015

FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Ana, Uxía, Saray. Tamén xogaron: Claudia, Lucía Martínez, Adriana, Nuriña, Lucía Canosa, Carre.

VIGO: Ana, Lorena, Aldara, Ana María, Giselle. Tamén xogaron: Sara, Laura, Carmen.

ÁRBITROS: Noemí Costoya, Carlos Raggiati.

GOLES: 1-0 min 13 Ana, ( descanso), 1-1 min 23 Ana María.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 30ª xornada de liga na Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no PM de Cee.

Era o partido que poñía fin a tempada do equipo senior do Fisober e que ademais servía para despedir a Dani Costa que despois de tres tempadas ao frente deixa o cargo de adestrador do primeiro equipo a vindeira tempada para voltar a adestrar nas categorías inferiores do club.

O partido era decisivo para as olívicas que se xogaban o descenso e as locais que querían mellorar a clasificación.

Un gol de Ana adiantaba as costeiras na primeira metade.

A volta de vestiariros un gol de Ana María poñía a igualada no electrónico que xa foi definitivo.

O resultado non mellorou a clasificación de ningún dos equipos, as costeiras que de gañar ao menos serían quintas na táboa, e unhas olívicas que descenderon pero aínda que gañaran non se salvarían polos resultados que se deron na xornada.

Ainda así gran tempada das costeiras que se salvaron con solvencia e se afianzaron nos postos altos da táboa.

Dani Costa deixa o primeiro equipo

Fai un tempo o noso adestrador do primeiro equipo, Dani Costa comunicábanos a súa intención de non continuar ao frente do primeiro equipo a vindeira tempada despois de tres tempadas dirixindo, unha comunicación que tamén recibiron as xogadoras pola súa parte. Pero esto non quere dicir que se desvincule do club xa que voltará ao orixe adestrando nas categorías inferiores.

A Dani nestas tres temporadas ao frente tocoulle lidiar co Covid, xa que nas tres tivo a pandemia presente co cansanzo físico e sicolóxico que iso producíu en todos nos, imaxinadevos ao frente dun grupo. Como necesita recompoñer forzas para como todos sabemos que ocorrerá, voltar noutro momento ao banco do primeiro equipo pois decidiu dar un paso atrás para nun futuro voltar cos mesmos folgos ou máis cos que chegou no 2019.

Acadou a permanencia nas tres tempadas con solvencia e incluso nesta última deixou o equipo na sexta posición.

Non podemos máis que agradecerlle os servicios que sempre presta ao club e recoñecer o afortunada que será a rapazada da base coa súa volta, aínda que todos sabemos que nunca deixou de axudar tamén na base.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad