O FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA FSF SAE GOLEADO NA SUA VISITA O CONCELLO DE BEGONTE FS, (6-2).

 PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

BEGONTE FS 6-2 FISOBER FSF

Concello de Begonte FS : Alicia, Antía, Sheila, Ruth, Uxía ; Tamén xogaron: Ana María, Noemi, Eva, Ana.

Fisober FSF : Sharay, Adriana, Ana, Paula Fandiño, Uxía; Tamén xogaron: Lucía Martínez, Mai, Carre, Saray.

ÁRBITROS: Adrián García e Nicolás Vázquez.

GOLES: 1-0 min 8 Ana María, 1-1 min 15 Adriana, 2-1 min 16 Ana María, 3-1 min 20 Ana María ( descanso) 4-1 min 26 Ana María, 4-2 min 32 Uxía, 5-2 min 34 Ana María, 6-2 min 37 Sheila.

Incidencias : Partido correspondente a 22ª xornada de liga disputado no PM de Baamonde ( Begonte) na tarde do domingo.

O Fisober segue cos seus problemas a domicilio e non puido sacar nada da visita a Begonte no que a mellor noticia foi a volta de Mai.

As primeiras ocasións do partido foron para o Fisober cunha volea de Ana e un pase de Adriana cara Paula Fandiño o que se lle adiantaba a porteira local.

Despois novamente ocasión para as costeiras desta vez por mediación de Adriana. Para culminar esta xeira de ocasións cunha de Lucía Martínez.

Quen non desaproveitaría a súa foi a local Ana María de dulce toda a tarde para facer o primeiro gol para o Begonte.

A resposta foi cunha ocasión de Ana. Aínda que tralo gol o dominio foi por parte das locais que pecharon as costeiras a base de ocasións, unha tras outra.

E cando peor o estaba a pasar o Fisober, un mal despexe e un rexeite en Adriana devolvía a igualada ao electrónico.

Pero pouco lle durou a ledicia as costeiras xa que pouco despois Ana María facía o segundo local. E a mesma Ana María facía o terceiro antes da visita aos vestiarios.

A volta do tempo de lecer desperezou un pouco o Fisober con dúas ocasións a primeira por parte de Adriana que fixo intervir a porteira e a segunda por mediación de Uxía.

No minuto 26 Ana María seguía co seu lucimento persoal e dende media pista lograba un novo gol para as locais. Unhas locais que voltaban a ter o seu anterior empuxe.

O Fisober intentou voltar a entrar no partido e primeiro un lanzamento ao pau de Adriana e despois o gol de Uxía parecía que o lograban.

Pero nada máis lonxe da realidade xa que de novo Ana María voltaba poñer a diferenza en tres goles.

Un tiro ao pau de Ana e unha ocasión de Uxía eran as últimas para o Fisober antes de que Sheila lograra o seis a dous definitivo.

A vindeira semana o Fisober recibe ao Grupo Forma-T Vilalba.

-Foto e Texto : Fisober FSF/piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies