PREFERENTE GALICIA
-LIGA AUTONÓMICA-
FISOBER F.S.F. 6-1 ADC BURELA PESCADOS RUBÉN
FISOBER: Sharay, Carre, Paula Fandiño, Mai, Ana; tamén xogaron: Lucía Martínez, Lía, Adriana, Nuriña, Saray, Lucía Canosa.
BURELA: Ester, María Bertolo, Xela, Cristina, Claudia; tamén xogaron: Iria, Adilsa, Carla, Iria Eijo, María Fuente, Sofía.
ÁRBITROS: Jorge Fernández Lojo e Vanesa Varela Rivas.
GOLES: 1-0 min 10 Adriana, 2-0 min 15 Paula Fandiño, 3-0 min 19 Adriana ( descanso) 4-0 min 29 Martínez, 4-1 min 35 Cristina, 5-1 min 35 Saray, 6-1 min 37 Nuriña.
Partido disputado na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a 9ª xornada de liga na Preferente Galicia-Liga Autonómica no subgrupo A.
O partido arrancou co Fisober co balón e cun Burela presionando moi arriba. De feito a primeira ocasión foi para as visitantes cun lanzamento a dez metros que despexa Sharay.
Respostaba o Fisober cunha contra conducida por Ana que cedía para Paula Fandiño que disparaba forzada.
E as visitantes seguían ao seu e mandaban un balón ao pau despois dun saque lateral. De feito tiveron outra ocasión moi clara pouco despois na que Paula Fandiño evitaba o gol baixo paus e na contra a piques estivo de marcar Nuriña.
E mediada esta primeira metade unha xogada de Mai remata co tiro desta e no rexeite Adriana é a máis lista para anotar o primeiro gol das costeiras.
Pouco pasou no partido ata que no minuto quince Paula Fandiño atopaba cunha volea un balón a rexeite de tiro de Nuriña para facer o segundo gol local.
Unha xogada entre Paula Fandiño e Carre rematou co perigoso tiro desta última. E cando xa esmorecía a primeira metade Carre cedía para que Adriana fixera o terceiro antes de ir a vestiarios.
No inicio da segunda metade a primeira ocasión era para Lucía Martínez. Pouco despois era Paula Fandiño a que envíaba para que Ana rematara co calcaño.
Tocaba o protagonismo para Lucía Martínez cunha dobre ocasión que non chegaba a bo porto. E tanto foi cántaro a fonte que mediada esta segunda metade Lucía Martínez marcaba o seu primeiro gol na categoría para facer o cuarto da tarde.
Despois do gol foi Mai a que tivo unha boa ocasión a reviravolta ao borde do área. Quen respostou foi o conxunto visitante cun tiro exterior cruzado de Cristina para facer o gol.
E as visitantes non se rendían e poñían en moitos apretos a Lía que tiña que respostar cunha dobre ocasión.
Pero para tranquilizar a parroquia local Saray sacouse unha xogada individual para finalizar cun tiro exterior arriba.
E para finalizar Nuriña facía o sexto cunha vaseliana sobre a porteira visitante.
A vindeira semana as costeiras visitan Vilalba unha das súas bestas negras da competición.
CATEGORÍAS INFERIORES
Coma contábamos na previa tan solo o Infantil Masculino competía este fin de semana xa que tanto o cadete feminino coma o masculino tiñan xornada de lecer.
Na Liga Autonómica Infantil Masculina no grupo Norte C 1ª fase o Fisober visitaba dentro da 9ª xornada ao O Esteo F.S. no P.M. As Pontes con triunfo costeiro por dous a seis.
Polo Fisober formaron: Brais, Pablo Costa, Adrián, Suso, Álex ; tamén xogaron: Diego, Javi Lema, Julián, David, Eloy Figueroa, Pablo Taboada.
Os goles costeiros foron obra de Pablo Costa en dúas ocasións, Pablo Taboada en dúas ocasións, Álex e Javi Lema.
Os colexiados foron Eloy Bello Gómez e Roberto Pena Porta.
A vindeira semana o Fisober pecha a primeira fase recibindo en Dumbría ao Stellae de Padrón.
-Fotos : Fisober FSF
-Crónicas : Luis Sambad