O FISOBER FSF COMEZARÁ A COMPETICIÓN O 15 DE SETEMBRO NA PREFERENTE FEMININA FS.

As fisoberistas comezan xogando fora.

 

O Fisober FSF que a tempada pasada quedou as portas do ascenso na derradeira xornada de liga, comezará unha nova andaina na Preferente Feminina FS, (Liga Autonómica Feminina antigamente), o vindeiro 15 de Setembro, “Domingo da Barca”, (polo que poderían trocar o encontro),  e farao visitando o filial do Burela FS Pescados Rubén. A liga 2024/25 está composta de 15  equipos trala retirada do filial do Viaxes Amarelle FSF,  polo que cada semana descansará un equipo. A liga que como decimos comeza o 15 de Setembro, rematará o 25 de Maio do 2025 trala disputa de 30 xornadas. 

 

Estes son os rivais do equipo costeiro e a 1ª xornada de liga

Balaidos CF-CD Mosteiro Bembrive FS B

CD Composala, (descansa)

SD A Gaiola-Concello de Begonte FS

Dulebule FS-Estrela Futsal

EDC Verín-Ribeira Fs/Lieders

Cidade das Burgas FS/Stellae/Leis Cidade de Pontevedra

Atlético Arnoia-5 Coruña FS

Fisober FSF-Burelas FS B Pescados Rubén

 

-Calendario completo : PREME AQUÍ

-Foto : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies