O FISOBER FSF COMEZA CON BO PÉ O 2025 NA PREFERENTE GALEGA DE FUTSAL FEMININO

PREFERENTE FUTGAL FEMININA 

O Fisober comeza con bo pé o 2025.

 

FISOBER FSF 3-1  5 CORUÑA FS

FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Saray, Alba. Tamén xogaron : Andrea, María, Sabela.
5 CORUÑA: Barral, Sandá, Rosalía, Alba, Sandra. Tamén xogaron : Uxía, María, Claudia, María Romero, Antía, Aldara, Alba Vázquez.

ÁRBITROS: Jorge Fernández, Vanesa Varela.

GOLES: 1-0 min 6 Andrea, 2-0 min 7 Andrea, 2-1 min 16 Alba, 3-1 min 39 Patri.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 14ª xornada de liga xogado na noite do venres, que estaba previsto para as ID de O Conco e que finalmente tivo que disputarse no PM Augusto César Lendoiro de Corcubión.

CRÓNICA

Arranca o 2025 con triunfo para o Fisober fronte a o sempre complicado 5 Coruña, nun partido moi entretido para o espectador.

Saiu moi enchufado o equipo costeiro, o que fixo que ós sete minutos despois de dous goles de Andrea puxeran dous goles de vantaxe ó seu favor. Os dous equipos gozaban de boas ocasións pero as porteiras estaban moi atinadas. Unha contra puxo o dous a un no electrónico, resultado co que se chegou ó tempo de lecer.

A volta de vestiarios o partido baixou o ritmo, e xa non había tantas ocasións. Pero as que había eran moi claras, pero novamente o traballo das porteiras facía que non se moverá o electrónico.

Para os últimos minutos o conxunto herculino decidiuse polo xogo de cinco. As costeiras ben colocadas non pasaron apuros e a falla de un minuto un roubo de Patri que foi a máis lista da clase, anticipouse e conducíu para marcar a pracer e pechar o partido.

A vindeira xornada o Fisober visita ó Balaídos en Vigo para pechar a primeira volta.

-Foto e texto : Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies