O FISOBER FSF COLÓCASE COLIDER DA PREFERENTE GALICIA FSF TRAS DERROTAR POLA MÍNIMA AO RIBEIRA LIEDERS FS.

 PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

Paula Fandiño, (2º esq), fixo o gol da vitoria.

 

Ribeira Lieders FS 0-1 Fisober FSF

RIBEIRA: Violeta, Mariña, Uxía, Ceci, Aldara; Tamén xogaron: Alba, Bea, Lucía, Paula, Helena, Gallego, Patri.

FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Barca; Tamén xogaron: Adriana, María Dumbría, Mai, Nuriña, Saray.

ÁRBITROS: Adrián García, Jose Richard Chafloque.

GOLES: 0-1 min 5 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a undécima xornada de Liga Autonómica – Preferente Galicia Feminina disputado na tarde do domingo no PM dos Deportes de Lugo.

 

 

CRÓNICA

Partido moi emocionante e igulado o disputado na tarde do domingo en terras lucenses como amosa o electrónico e non era para menos.

O Fisober segundo clasificado estaba ante a oportunidade de igualar na tábao ao líder Meigas que cedía os seus primeiros puntos caendo ante o Celanova na tarde do sábado. E o Ribeira quinto clasificado é un rival moi potente coma local, proba diso era que aínda non caera na casa en toda a tempada incluso fora quen de golear ao potente Celanova.

As costeiras conscientes da dificultade do partido e que un triunfo podería igualalas no liderato saíron moi concentradas.

Nunha primeira metade con dominio alterno o Fisober era o primeiro en pegar cun gol de Paula Fandiño que a postre foi decisivo e definitivo.

O gol deulle confianza as visitantes para seguir moi atentas e cometer os mínimos erros posibles, ante unha locais que tamén intentaban dominar o xogo.

Nese toma e daca constante ningún dos equipos acadaba o resultado do gol co que o resultado non se moveu ata o tempo de lecer.

A volta dos vestiarios o Fisober deulle unha volta ao partido e despois do dominio alterno na primeira metade foron as costeiras as que impuxeron o seu xogo.

Pero as ocasións non se traducían no ansiado gol que lle dera un pouco máis de tranquilidade as de negro, facendo protagonista a porteira local.

Os minutos corrían pero nada mudaba no resultado.

Cando se acercaba o fin do partido o Ribeira decidiu subir liñas e arriscar moito máis. Foi o momento das locais que buscaban cando menos salvar un punto e seguir invictas na casa. O Fisober tocoulle remar para salvar o resultado nestes últimos minutos.

Incluso no último minuto unha aparición de Sharay para sacar unha moi clara ocasión local.

O resultado a postre xa non se moveu e os puntos foron camiño de terras costeiras.

Así o Fisober acadou igualar ao Meigas nunha clasificación chea de emoción xa que no terceiro lugar aparece un Celanova a tan solo tres puntos e a cinco o Vilalba.

A vindeira semana hai parón na Liga polo que o próximo partido será o finde do 10 e 11 de decembro coa visita o filial do Viaxes Amarelle a terras costeiras.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad