PREFERENTE GALICA
-LIGA AUTONÓMICA-
FS CIDADE DE PONTEVEDRA 3-1 FISOBER FSF
CIDADE: María, Allyson, Tamara, Diana, Ana; Tamén xogaron: Eva, Laura, Tamara Custodio, Lucía.
FISOBER: Sharay, Adriana, Carre, Ana, Saray ; Tamén xogaron: Lucía Canosa, María Dumbría, Nuriña, Paula Fandiño, Lucía Martínez, Uxía.
GOLES: 1-0 min 1. Diana, 2-0 min 9. Eva, 2-1 min. 11 Ana, (descanso), 3-1 min 34 Laura.
ÁRBITROS: Francisco Roldán e Diego Bugallo.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a segunda xornada da Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na mañá do domingo no P. Principe Felipe de Pontevedra.
Un gol de saída puxo moi difíles as cousas xa as costeiras ante un rival dos chamados a loitar polo título, nun partido no que o Fisober competiu ata o final pero non puido traer ningún botín en forma de puntos de volta a casa.
Non podían iniciar peor as cousas para o xovén conxunto costeiro xa que no primeiro minuto Diana marcaba para as da cidade do Lérez.
O gol foi un mazazo para un Fisober que intentou recomponerse.
Peor se poñerían as cousas cando aos nove minutos era a local Eva quen marcaba o segundo gol e poñía aínda máis terra de por medio.
Pero pouco despois aos once minutos a capitana costeira Ana facía o dous a un para dar esperanzas as súas e reducir distanzas.
Dende aquí ata o final da primeira metade xa non se movería o electrónico, chegándose con ese resultado o tempo de lecer.
A volta de vestiarios o partido seguía polo mesmo camiño, ata que a seis minutos para o fin Laura facía o terceiro gol local e deixaba a posibilidade de sumar moi difícil para un Fisober que aínda así o intentou ata o final sen conseguir botín.
A vindeira semana chega a Dumbría o outro gran coco da competición o Ribeira – Lieders que chega tamén con dous triunfos de dous e goleando.
-Texto : Luis Sambad
-Fotos : Fisober FSF