O FISOBER FSF CAE POLA MÍNIMA EN SANTIAGO, (1-0), NUN CHOQUE NO QUE MERECEU MÁIS EN ESPECIAL NA PRIMEIRA METADE.

PREFERENTE GALICIA 

LIGA AUTONÓMICA

S.D. A GAIOLA 1-0 FISOBER F.S.F 

GAIOLA : Bea, Antia, Miri, Marta, Sara ; Tamén xogaron : Fátima, Carlota, Sofía, Laura, Raquel.

FISOBER : Lía, Mai, Kenny, Paula Fandiño, Adriana ; Tamén xogaron : Uxía, Saray, María Maroñas, Nuriña, Sharay.

ÁRBITROS : Francisco Pena, Javier Fernández.

GOL : 1-0 min 30 Carlota.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 20 ª xornada de liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado no P. de Santa Isabel na mañá do domingo.

Pista do Santa isabel de Santiago no encontro das fisoberistas.

CRÓNICA

O Fisober non foi quen de puntuar en Santiago nun partido que podería deixalas case ca salvación firmada a falla de dez xornadas, aínda así continúan con doce puntos a prol do descenso. Foi a primeira derrota do 2020 para o Fisober que viñan nunha boa xeira.

A mellor noticia da xornada foi a volta as pistas de Nuriña lesionada a tempada pasada e despois de pasar por quirófano , voltou para finalizar esta liga e callou un bo partido.

A primeira parte estivo igualada aínda que as locais saíron moi fortes conscientes da importancia do partido.

As mellores ocasións para as costeiras foron un lanzamento cruzado de Adriana que salvou unha xogadora local in extremis.

Pero a gran ocasión da primeira metade para o Fisober foi unha triple ocasión cun tiro de Paula Fandiño o rexeite que collía Nuriña era despexado pola porteira malpicana Bea e o rexeite desta lanzouno Saray bicando o longueiro.

A primeira metade acabou con igualada.

A volta de vestiarios as locais saíron con outra marcha, buscando o triunfo e puxeron en moitas complicacións as costeiras que so podían defenderse e saír a contra.

Tanto foi o cántaro a fonte que mediada esta segunda metade que tiña que romper e fixo cun gol de Carlota.

O Fisober aínda por abaixo non foi quen de reactivarse. Ata os últimos cinco minutos as costeiras non impuxeron o seu ritmo pero non puxeron en moitos apuros as santiaguesas, que se levaron o partido.

A vindeira semana o Fisober recibe a visita do líder en Dumbría.

–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua aportación na confección das crónicas cos seus comentarios, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas, propias e intransferibles.

-Fotos : Fisober  FSF

-Texto : Luis Sambad

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.