O FISOBER FSF CAE GOLEADO ANTE O MEIGAS, (4-0), NUN CHOQUE DO QUE O RESULTADO NON DI O VISTO PISTA.

PREFERENTE GALICIA

LIGA AUTONÓMICA

 

 FC MEIGAS 4-0 FISOBER FSF

MEIGAS: Ana, Ángela, María, Yaiza, Teresa; Tamén xogaron: Blanca, Malena, Paula, Belén, Uxía.

FISOBER: Sharay, Adriana, Patri, Paula Fandiño, Ana; Tamén xogaron: Claudia, Nuriña, Uxía, Barca, Mai, Lucía Martínez, Saray.

ÁRBITROS: Víctor Nande, Nicolás Cutrone.

GOLES: 1-0 min 10 Belén, 2-0 min 11 Belén, ( descanso) , 3-0 min 36 María, 4-0 min 40 Teresa.

Partido disputado na tarde do domingo no PM de Bertamiráns correspondente a segunda xornada de Liga Autonómica Feminina- Preferente Galicia.

 

 

O Fisober visitaba a un dos favoritos da categoría nun partido moi entretido e igualado, no que o resultado tan abultado non reflexa o visto sobre a pista. Xa que aínda que pareza mentira una vez visto o resultado o partido puido caer por calquera dos dous lados e no que a pegada do Meigas foi determinante.

O partido comezou cun Fisober esperando a media pista e saindo en rápidas contras mentras que o Meigas apretaba un pouco máis arriba.

Ocasións moi claras para as costeiras con ata tres balóns que petaron nos paus obra de Barca e Paula Fandiño e con dous balóns que sacaba a porteira local a Barca pegadiños ao ferro.

Pero as locais aproveitaron dous erros de concentración do Fisober para en dous minutos mediada esta primeira metade facer dous goles obra de Belén que puxeron moi costa arriba o partido para o conxunto costeiro.

Logo destes goles o resultado xa non se moveu e o partido foi camiño dos vestiarios con dous a cero a favor do conxunto local.

A volta de vestiarios o partido xa non foi tan vistoso coma na primeira metade, con menos ocasións por parte de ámbolos conxuntos.

O Fisober co paso dos minutos ía cada vez arriscando un pouco máis arriba e deixando máis espazos ao conxunto local.

A piques de chegar ao final chegaba o terceiro gol local obra de María e xa no último minuto e despois dunha inferioridade Teresa facía o cuarto e definitivo.

A vindeira semana chega as ID de O Conco en Dumbría o Atlético Arnoia.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad