o Fisober FSF cae goleado ante o Gaiola, (6-2) nun encontro no que non lle saeu nada as costeiras.

LIGA AUTONÓMICA

-PREFERENTE GALICIA-

 S.D. A GAIOLA 6-2 FISOBER F.S.F. 

GAIOLA: Bea Lista, Carlota, Raquel, Estela, Sara; Tamén xogaron: Laura, Sandra, Sofía, Yahiza.

FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, Uxía, Saray; Tamén xogaron: Lucía Martínez, Nuriña, María Dumbría.

ÁRBITROS: Fernando Martínez e Carlos González.

GOLES: 1-0 min 7 Estela, 2-0 min 9 Sara, 2-1 min 10 Paula Fandiño; ( descanso) 3-1 min 22 Estela, 4-1 min 25 Sara, 5-1 min 28 Sara, 6-1 min 36 Sandra, 6-2 min 38 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correspondente da 4ª xornada de liga Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no P.M. Santa Isabel de Santiago.

O Fisober víase superado polo Gaiola que foi mellor, nun día no que non lle saiu nada as costeiras que seguen ca maldición das visitas dos últimos anos a Santiago, sen poder refrendar o bo triunfo da semana pasada.

O Fisober comezaba con presión alta pero a primeira ocasión era para as locais que era desbaratada por Sharay. A resposta foi un tiro de Paula Fandiño que despexa Bea Lista. Uxía tamén o probaba en xogada individual. O Fisober estaba a probar a Bea Lista con tiros lonxanos.

Aos sete minutos nunha xogada de estratexia tras saque de esquina Estela fai o primeiro para as locais.

A resposta foi un roubo en media pista de Paula Fandiño que conduce a contra e cede para Adriana quen non é quen de marcar cando se cantaba o gol.

As locais volvían a poñer máis terra de por medio cun gol de Sara de tiro cruzado poñendo o dous a cero no electrónico.

Unha falta ao borde do área era lanzada por Paula Fandiño que facía o dous a un tan solo un minuto despois.

A primeira ocasión para igualar foi para María de Dumbría. Despois foi un tiro de Paula Fandiño o que probou a Bea Lista. Na contra desta xogada era Sharay a que tiña que evitar o gol local.

Cando ia rematar a primeira metade unha contra do Fisober remataba con gol de Nuriña que era anulado por unha discutida falta previa de Adriana. Falta que provocaba a súa vez un dobre penalti que era desviado por Sharay.

A volta de vestiarios todo trocou o Gaiola foi superior nesta segunda metade e case non hubo historia.

Case no arranque Estela facía o terceiro gol local. Pouco despois Sharay tiña que intervir para evitar outro gol local.

Sara facía o cuarto e Sharay seguía a ser a protagonista evitando as ocasións do Gaiola. Ata que novamente Sara facía o quinto.

As locais seguían a ser mellores e Sharay seguía a ser a protagonista. Sandra marcaba o sexto e Paula Fandiño facía o segundo gol costeiro, nun partido que xa non tiña moita chicha daquela. Unha Paula Fandiño que mandaba un balón ao longueiro un pouco antes do fin.

A vindeira semana chega a Dumbría o Meigas.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies