O FISOBER FSF CAE ANTE O VILALBA FS, (3-1), NA 10ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA FSF.

LIGA AUTONÓMICA-PREFERENTE GALICIA

VILALBA F.S. 3-1 FISOBER F.S.F. 

VILALBA: Carmela, Paula, Antía, Adelaida, Lara ; Tamén xogaron: Iria, Xiana, Carla, Noemi, Carlota, Elisa.

FISOBER: Lía, Mai, Ana, Nuriña, Carre ; Tamén xogaron: Sharay, Adriana, Lucía Martínez, Saray.

ÁRBITROS: David Kumor Otero e Lucía Manso Porteiro.

GOLES: 1-0 min 15 Adelaida, ( descanso), 2-0 min 21 Xiana, 3-0 min 25 Adelaida, 3-1 min 39 Mai.

Incidencias : Partido correspondente a 10ª xornada da Liga Autonómica-Preferente Galicia subgrupo A disputado no mediodía do domingo no P.M. dos Deportes de Vilalba.

O Vilalba amosou novamente que é un equipo que non se lle da nada ben ao Fisober e voltou a levarse o triunfo ante as costeiras.

Comezaron forte as locais e xa na primeira xogada fixeron intervir a Lía. As costeiras moven o balón e as do Vilalba manteñen unha forte presión.

Un tiro exterior das locais vaise ao pau. O que responde unha clara ocasión de Adriana a pase de Ana.

Un roubo preto da área do Fisober por parte das locais fai de novo que interveña Lía co pé. A resposta foi un pase longo de Ana cara Saray Duarte que fai intervir a porteira local.

Despois dun saque de esquina forte disparo do Vilalba ao trabe da portería de Lía. Que noutro saque de esquina volve a intervir abaixo.

O Fisober tamén tiña as súas e Adriana nun un para un manda o balón ao ferro e no rexeite case marca.

Cando xa se chegaba aos últimos minutos da primeira metade as locais poñíanse por diante cun gol de Adelaida.

As locais querían máis e de novo dende lonxe mandan o balón ao trabe. Ao que respostan as costeiras cunha ocasión para Saray que desvía a porteira local.

Con este resultado chegouse ao tempo de lecer.

Arrincaron a segunda metade de novo forte as locais e despois dun saque de esquina, Xiana pillaba un rexeite para facer o segundo gol.

Pasaron os minutos e de novo Adelaida poñía o terceiro para as locais.

O Fisober non se rende e Lucía Martínez poñe a proba de novo a porteira. Unha Lucía Martínez que desta vez en combinación con Saray ten unha nova ocasión mandando o balón a escadra pero para a porteira.

As locais tamén tiñan as súas e fan intervir máis dunha vez a Lía, que nestes minutos foi protagonista.

No Fisober de novo Lucía Martínez ten unha boa ocasión que se lle escapa por pouco. Agora é unha combinación entre Sharay e Saray que non acaba en gol por pouco.

E chegándose ao fin Mai aproveita un tiro nun saque de esquina para facer o gol da honra costeiro, chegándose así ao fin pouco despois.

A vindeira semana o Fisober recibe a visita do Ribeira-Lieders.

-Foto : Fisober FSF

-Crónica : Luis Sambad


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies