O FISOBER FSF CAE ANTE O LEIS PONTEVEDRA, SEGUNDO DA LIGA, DANDO MOI BOAS SENSACIÓNS.

Preferente Futgal Feminina 
Xornada 12

Stellae Leis Pontevedra FS 5-2 Fisober FSF

O Fisober FSF regresou de Pontevedra sen premio tras un encontro moi esixente disputado na tarde do domingo no Pavillón Municipal de Montecarrasco de Marcón, feudo dun Stellae Leis Pontevedra que continúa intratable como local.

O cadro pontevedrés levou o peso do xogo dende o inicio, mentres que o equipo costeiro apostou por unha defensa ordenada e transicións rápidas, xerando perigo sobre todo a balón parado e con lanzamentos dende media distancia. Esa proposta permitiu ás visitantes manterse sempre con opcións durante a primeira metade.

As locais abriron o marcador no minuto 8, pero a reacción do Fisober foi inmediata cun disparo certeiro de Paula apenas un minuto despois. O Leis volveu poñerse por diante no 17’, e de novo as costeiras responderon con rapidez grazas a Carla Beiro, que culminou unha acción iniciada por Paula para establecer o 2-2 antes do descanso.

Tras o paso polos vestiarios, o ritmo do encontro e o dominio local fixéronse máis difíciles de conter. O terceiro gol do Leis no minuto 32 obrigou ao Fisober a dar un paso adiante, pero dous tantos máis no tramo final acabaron por decidir o partido, pese ao esforzo e á loita das visitantes ata o último segundo.

Pese á derrota, o equipo costeiro deixou unha boa imaxe nunha das pistas máis complicadas da categoría.

Aliñacións

Stellae Leis Pontevedra FS: Daniela, Adriana, Carmen, Lara, Ana; tamén xogaron: Ingrid, Ahinoa, Andrea e Inés.

 Fisober FSF: Sharay, Carla Lago, Saray Duarte, Paula, Ana; tamén participaron: Lara, Kenny e Carla Beiro.

Goles
1-0 (8’) Lara
 1-1 (9’) Paula
 2-1 (17’) Lara
 2-2 (18’) Carla Beiro
 3-2 (32’) Ana
 4-2 (36’) María, (pp)
 5-2 (37’) Ahinoa

Árbitros : Jesús Otero Baltasar e Vanesa Covelo Vilariño.

Vindeira xornada

Na próxima xornada, o conxunto costeiro pechará o ano 2025 como local, recibindo ao SD A Gaiola o sábado 20 de Nadal a partires das 16:00 horas no Municipal do Conco.

Clasificación

As fisoberistas caen a 13ª posición con 9 puntos, un máis co GRI Carballiño, (14º), 3 máis co FSF Castro, (15º) e 8 máis cas colistas, Ribeiro do Avia. Por arriba as rapazas da costa teñen ao seu proximo rival o A Gaiola e ao Cidade das Burgas ambos con 12 puntos tres máis ca elas, polo que unha vitoria sobre o Gaiola daríalles un bo fin de ano as de Fran “Pioto”.

.

-Fotos e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”