O FISOBER FSF ARREBÁTALLE A SEGUNDA POSICIÓN AO VILALBA FS CUNHA VITORIA DE MOITO MÉRITO.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA- 

 

Grupo Forma-T Vilalba FS 3-6 Fisober FSF

VILALBA: Carmela, Paula, Antía, Andrea, Aroa; Tamén xogaron: Carla, Nerea, Elisa, Jenni.

FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Ana, Barca; Tamén xogaron: Adriana, María Dumbría, Mai, Nuriña, Saray.

ÁRBITROS: Álvaro Darriba, Nicolás Vázquez.

GOLES: 1-0 min 5 Antía, 1-1 min 12 Paula Fandiño, 1-2 min18 Patri, 2-2 min 19 Paula, (descanso), 2-3 min 21 Adriana, 2-4 min 30 Paula Fandiño, 3-4 min 31,… 3-5 min 38, Ana, 3-6 min 39 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correpondente a 7ª xornada de Liga Autonómica – Preferente Galicia disputado na tarde do domingo no PM de Deportes de Villalba.

 

A muxiana Patri Romaní celebrando un dos goles.

 

CRÓNICA

O Fisober arrincaba un triunfo de prestixio na casa do ata ese momento segundo clasificado, ademáis son un dos grandes favoritos ao título, posto que agora ocupan as costeiras, despois dun partido moi competido no que o Fisober amosou a súa mellor facíana, tirando de carácter costeiro ao máis puro estilo do Vákner e gañou nun ambiente moi difícil e complicado.

O Vilalba con xogadoras con experiencia en categorías superiores viña esta mesma semana de clasificarse para a final da Copa Deputación de Lugo e comenzou con gañas de levarse o partido ante seus siareiros.

Así se puxo por diante o conxunto local cun tanto de Antía aos cinco minutos. O Fisober non se descompuxo en ningún momento moi concentrado e activo.

As costeiras seguiron ao seu moi metidas no partido e así foi Paula Fandiño a que puxo a igualada no electrónico.

Pasaron os minutos e o marcador non se movía.

Para ser despois Patri a que lle daba a volta ao electrónico no minuto 18.

E cando parecía que as visitantes ían chegar con vantaxe ao tempo de lecer un gol de nos últimos segundos da primeira metade por parte da local Paula fixo que se chegase con táboas no electrónico aos vestiarios.

Despois do tempo de asueto as costeiras seguían con gañas e carácter Vákner así que Adriana poñía o dous a tres no electrónico case o inicio da segunda metade.

Mediada esta segunda metade poñía dous goles de vantaxe para o Fisober era Paula Fandiño dende os sete metros.

Pouco lle durou a ledicia as visitantes xa que Andrea poñía o tres a catro case deseguido.

O tempo non daba pasado e o resultado continuaba apretado e con emoción.

Ata que chegou un novo zarpazo desta vez da capitana Ana para poñer o tres a cinco e dar marxe no marcador.

Antes do fin chegou un novo gol de Paula Fandiño para certificar o partido e os tres puntos viñan de volta para Dumbría.

A vindeira semana o Fisober enfróntase ao Ribeiro do Avia coma local.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad