O FISOBER FSF Alevín a semifinais da Copa de Galicia e o Infantil subcampionas de Galicia siguen vivas na Copa de Galicia.

O pasado Domingo e gracias a inextimable axuda de Juan Ángel Sambad trouxémosvos a crónica da final do Fisober FSF co Arealonga nun choque no que as costeiras campionas o ano pasado de Galicia e de España, podían repetir o primeiro paso, para voltar a polo segundo pero os tiros dende o punto de penalti non lles foron favorables e tras empatar a ceros, (0-0), no tempo de xogo caían 4-5 desde o punto da “lotaría”.

Pero aquí non se acaba o periplo das rapazas que levan Paula Fandiño, Sharay Caamaño e Adriana Castro pois están en Cuartos de Galicia, e van a eles co Subcampionato Galego de liga no peto, tras gañar no seu grupo da Preferente e liga e como dicimos perder nos penaltis contra as campionas do Grupo Sur.

As alevíns a semifinais

O equipo alevín do Fisober FSF tamén está na teima de seguir facendo historia para o clube e pasaban a semifinais tras derrotar en Cuartos ao Ribeira FS por 3-0 con goles de Eva. Quedan pendentes de que se xoguen o resto de eliminatorias para ter rival na semifinal

Polo Fisober formaron: Jimena, Carmen, Eva, Marina, Vega; (5 inicial), Xenia, Sofía, Alejandra, Anais, Lucía, Aroa, Noemí.

De esquerda a dereita, Adriana Castro, Fran “Pioto”, 8Presidente), Paula Fandiño, e Sharay Caamaño.

.

-Fotos e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”