O FISOBER FSF ALEVÍN A FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FUTSAL FEMININO SUB12 TRAS UNHA SEMIFINAL DE INFARTO DECIDIDA NOS PENALTIS.

Explosión de felicidade no Fisober e nas gradas.

Fisober FSF 3-3 FSF Zaragoza

(5-3 nos penaltis)

Pavillón Municipal “O Conco”, (Dumbría) -08/06/2025- Máis de 300 espectadores.

Unha semifinal de tolos, digna dun Campionato de España, con emoción, goles e unha quenda de penaltis de infarto. O Fisober FSF estará na final!

O ambiente era de gala en Dumbría, con máis de 300 afeccionados nas bancadas e unha paixón desbordada polo futsal base feminino. E o que se viviu no parqué do Pavillón Municipal “O Conco” foi un auténtico espectáculo: un empate a 3 goles entre Fisober FSF e FSF Zaragoza, decidido finalmente na quenda de penaltis, onde as galegas foron máis precisas.

Primeira parte de vértigo

Non dera tempo a sentarse cando Martina Lago abría o marcador para Fisober aos 2:30 de xogo, desatando a euforia da bancada local. A reacción aragonesa foi inmediata: Martina Catalán, tras un balón con desvíos, empataba o encontro.

Fisober seguiu impulsado polo apoio da súa xente e aos 7 minutos e medio, outra vez Martina Lago, cun zapatazo dende tres cuartos de pista, volvía poñer ás locais por diante. E pouco despois, Martina Fernández asinaba o 3-1 nun momento no que as galegas dominaban con autoridade.

Zaragoza pediu tempo morto e o partido deu un xiro. As mañas apertaron con dous balóns á madeira e no minuto 9, no segundo Valeira aproveitou o rexeite para recortar distancias. A presión tivo premio e, apenas un minuto despois, Martina Catalán igualaba o partido (3-3), deixándoo todo aberto para a segunda parte.

Fisober domina, Desiree resiste

O segundo acto estivo marcado pola entrega de Fisober, que demostrou por que é campioa provincial, galega e da Copa Galicia. As dirixidas por Paula Fandiño, Adri Castro e Sharay Caamaño buscaron o gol da vitoria con insistencia, pero atoparon en Desiree, a gardameta aragonesa, unha auténtica muralla. Paradas incribles e intervencións decisivas que desesperaron ás locais.

Zaragoza tamén tivo algunha chegada perigosa, pero o dominio foi das galegas. No último segundo do tempo regulamentario, unha xogadora de Fisober quedou soa ante Desiree, pero a bocina evitou o posible gol da vitoria.

Ximena decide e Fisober vai á final

A quenda de penaltis tiña á bancada en tensión, especialmente despois do recital de Desiree. Aínda así, Fisober non fallou ningún dos seus cinco lanzamentos. A gardameta galega Ximena parou dous penalti e intimidou no segundo que fallaron as mañas e que se foi fóra. Co marcador final de 5-3 nos penaltis, Fisober FSF clasificouse para a gran final de mañán Domingo ás 12:00 horas no “O Conco” ante o Futsal San Fernando, (Murcia).

MVP : Desiree (FSF Zaragoza): Actuación estelar baixo paus.

Un encontro para lembrar. Fisober buscará agora facer historia na final do Campionato de España Sub-12 Feminino.

Fisober FSF : Jimena, Marina, María Balayo, Alejandra, Martina Lago, Xenia, Zoe, Noa, Claudia, Martina Fernández, Carmen, Paula, Icia e Lola.

FSF Zaragoza : Desiree, Sara, Lucía, Nicole, Valeria, Silvia e Martina.

Goles : 1-0, Martina Fernnández, (2´); 1-1, Martina Catalán, (3´); 2-1, Martina Lago, (7´); 3-1, Lola, (8´); 3-2, Valeria, (9´); 3-3, Martina Catalán, (10´).

TANDA DE PENALTIS

 

-Fotos, vídeos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies