O FISOBER FSF ACADA A SALVACIÓN POR SEGUNDA SEMANA CONSECUTIVA.

 

LIGA PREFERENTE GALICIA

– LIGA AUTONÓMICA-

O Fisober FSF posa exultante tras acadar a salvación.

E.D.M. SALCEDA  3–3  FISOBER F.S.F 

SALCEDA : Ana, Bárbara, Elisabet, Marta , Carolina ; tamén xogaron : Luisa, Ana, Carmen, Sara, Dolores, Alex.

FISOBER : Lía, Adriana, Ana, Paula Fandiño, Mai ; tamén xogaron : Kenny, Carre, Sharay.

ÁRBITRO : Jesús Conde 

CRONO : Gabriel Chousa.

GOLES : 1-0 min 10 Marta, 1-1 min 18 Ana, ( descanso ), 2-1 min 29 Marta, 2-2 min 30 Paula Fandiño, 3-2 min 30 Sara, 3-3 min 32 Paula Fandiño.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 30 ª xornada da Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na tarde do sábado en horario unificado no P.M. de Salceda de Caselas.

CRÓNICA

O Fisober tivo que salvarse por segunda vez nesta tempada despois de enterarse o mércores que o Salceda recibira dous puntos despois dunha reclamación o que poñía as costeiras de novo en risco de descenso. Aínda así, conseguiron arrincar un punto do partido e mellorar incluso na clasificación despois dos resultados que se deron na xornada.

Saiu o Fisober a polo partido creando ocasións moi claras , primeiro con Paula Fandiño e despois con Adriana tras un roubo de Mai.

As locais saían a contra pero sen ocasións moi claras. Unha moi clara tiñan as costeiras cando unha xogadora local sacaba un tiro de Carre baixo paus.

Pero quen se adiantaría serían as locais cun gol de Marta a contra mediada a primeira metade. O Fisober tería unha opción moi clara para igualar despois dunha cesión pero o lanzamento de Paula Fandiño detiñao a porteira. Tamén tería Kenny a opción de igualar pouco despois.

Quen si o logrou foi Ana despois dun pase de Kenny para igualar o partido.

Con ese resultado fóronse a vestiarios ambos equipos.

Despois do tempo de lecer saíron moi fortes as locais. O Fisober tocáballe sufrir e non era quen de saír do seu campo, mentras o Salceda creaba unha ocasión tras outra.

Pero despois de varios minutos sufrindo Kenny tería unha moi boa dobre ocasión a contra. As locais facían intervir a Lía en dous man a man case seguidos.

Mediada esta segunda metade de novo Marta adiantaba as xogadoras locais. Pero na seguinte xogada de novo igualaba Paula Fandiño cun lanzamento lonxano a escadra.

E na seguinte despois dun saque de banda de novo se adiantaban as locais neste minuto tolo.

Respondía o Fisober cun bo lanzamento de Ana que paraba a porteira.

Quen si anotou pouco despois foi Paula Fandiño para poñer a igualada para as costeiras.

Tamén houbo tempo para a polémica cando a porteira local derribou a Carre no área e o colexiado non apreciou penalti.

O Salceda apretaba a Lía na busca dun gol salvador e o Fisober a contra tiña ocasións primeiro entre Adriana e Paula Fandiño e despois unha clarísima para finalizar o partido.

O empate daba a salvación as costeiras que o celebraban e parecía que o descenso as do Salceda entre bágoas, aínda que despois os resultados da xornada facían que o Salceda tamén se salvara.

Así pechaba a tempada o Fisober que tivo que salvar a categoría dúas veces.

Dende o Fisober F.S.F. queremos tamén mostrar o noso máis sentido pésame a familia da xogadora Sofía Pérez falecida esta semana , así como ao seu club o Cidade de Pontevedra.

Autor do artigo : Luis Sambad, (Xefe de prensa do Fisober FSF)

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

 

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies