O Fisober FSF anúncianos nun comunicado que o seu equipo masculino senior, que foi formado na pasada campaña, acada o ascenso a Preferente FS.
COMUNICADO
Logo de acadar o 3º posto na clasificación no seu primeiro ano de competición, o noso sénior masculino consegue ser oficialmente equipo da PREFERENTE GALICIA, categoría na que competirá esta vindeira temporada 2024-2025.
Tras o descenso administrativo de dous equipos, unha desas prazas é adxudicada ó Fisober FSF logo de ser reclamada xunto con outros conxuntos, e estando no 2º posto en orde de clasificación entre os clubes que optaban a dito ascenso.
A liga promete ser dura, pero os nosos de seguro que o darán todo para conseguir a permanencia e, sobre todo, seguir medrando como clube no noso XX ANIVERSARIO”.
-Foto e texto : Prensa Fisober FSF