CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
Fisober Cadete 7-2 Seamo F.S. Pontedeume
Tan solo queda en competición o Cadete masculino de Liga Autonómica Grupo 4 Nortesegunda fase, que disputaba a xornada 4ª da 2ª Fase, fronte ao Seamo F.S. Pontedeume nas I.D. de O Conco en Dumbría na mañán do sábado con triunfo de sete a dous a prol dos costeiros.
Polo Fisober formaron: Ángel, Adan, Eloy Sambad, Carlos, Mario ; tamén xogaron: Martín, Manu, Pablo Costa, Vila, Álex, Leo.
Os goleadores do Fisober foron: Manu, (2), Vila, (2), Álex, Leo, Adan.
Os colexiados foron : Jairo Mosteiro Varela e Rafael Alberto Tovar Rodríguez.
Clasificación : Con estes 3 puntos os fisoberistas afianzan a sua posición de líderes destacados con 7 puntos polos 2 dos de Pondedeume e un do Piringalla que suma un encontro menos.
A vindeira semana o Fisober ten xornada de lecer para rematar esta segunda fase fronte ao Piringalla o fin de semana do 27 de xuño.
-Foto : Fisober FSF
-Crónica : Luis Sambad