PREFERENTE FUTGAL FEMININA
O Fisober estivo no encontro ata o final.
FISOBER FSF 2-3 C D COMPOSALA
FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Barca, Sabela. Tamén participaron : Andrea, María, Alba, Saray.
COMPOSALA: Ester, Cintia, Raquel, Navía, AuroraTamén participaron : Carla, Eva, Laura.
ÁRBITROS: Carlos González, Vanesa Varela.
GOLES: 1-0 min 14 Barca, 1-1 min 16 Raquel, 1-2 min 23 Aurora, 1-3 min 39 Navia, 2-3 min 39 Paula Fandiño.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 19ª xornada de liga disputado na noite do domingo nas ID de O Conco en Dumbría.
Barca Toba leva 5 goles desde a sua volta.
CRÓNICA
O Fisober voltou a caer fronte ó Composala ó igual que na primeira volta e xunta dúas derrotas seguidas. As visitantes estiveron mellor cas locais durante todo o partido. A primeira metade estivo igualada aínda que as costeiras nunca estiveron metidas no partido e a falla de acerto de ambos conxuntos fixo que non houbera máis goles.
A pesares de todo o Fisober adiantouse no marcador cun gol de Barca que sigue co seu idilio goleador dende a volta da lesión, cinco en cinco partidos. Pouco lle durou a ledicia as locais xa que igualaba Raquel. Co un a un chegouse o tempo de lecer.
A volta de vestiarios Aurora poñía en vantaxe as visitantes que xa non deixaron o mando do partido. Nun último minuto tolo, primeiro Navia facía o terceiro visitante e Paula Fandiño daba esperanzas as súas de puntuar pero xa non foi posible.
A vindeira xornada visita ó mítico Cidade das Burgas.
-Foto e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF