O FISOBER FEMININO ALEVÍN SIGUE FACENDO HISTORIA E CONQUISTA A COPA GALICIA QUE SUMA O CAMPIONATO DE LIGA, O GALEGO E PETA A PORTA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA.

Terceira vez que posan cunha copa as fisoberistas.

As nenas do Fisober FSF alevín, (Sub12), siguen a facer historia, estas rapiñas que primeiro se proclamaron campioas de liga, logo de Galicia e agora gañan a final da Copa Galicia, para a semana xogarán a “Final four” do Campionato de España que se disputará ó 14 e 15 de Xuño en Dumbría, tal e como xa vos informamos.

Na tarde do sábado derrotaban na final da Copa Galicia ao Arealonga FS Chapela por 2-1, dando de novo unha “master class” de comportamento na cancha e cunha enteireza moi por enriba da edade que atesouran.

O Fisober FSF que preside Fran “Pioto”, ten como as adestradoras a Paula Fandiño, (Dumbría), Sharay Caamaño e Adriana Castro, (Cee), e forman o plantel do equipo alevín, (Sub12) : Marina Andrade, (Cee), Claudia Ares, (Cee), María Balayo, (Muros) Martina Fernández, (Muros), Alejandra García, (Muxía), Jimena Gordillo, (Carnota), Martina Lago, (Muros), Xenia March, (Camelle), Paula Miñones, (Camariñas), Zoe Montero, (Cee), Icia Romero, (Vimianzo), Noa Sambad, (Muxía), Lola Soneira, (Muxía) e Alba Taboada, (Cee).

A nosa máis grande noraboa e o noso desexo da maior das sortes para tódalas que forman o Fisober FSF alevín e que esto continue unha semana máis.

 

Vídeos exclusivos da saida a cancha e da recepción da copa :

 

 

-Foto e vídeos : Raúl Soneira

-Texto : Xosé Búa “Pirata”