O FISOBER DERROTA AO POIO A DOMICILIO PARA SEGUIR OPTANDO A TODO NA 21ª XORNADA DA PREFERENTE GALICIA DE FUTSAL FEMININO.

 PREFERENTE GALICIA FSF

-LIGA AUTONÓMICA-

 

ED POIO PESCAMAR B 1-2 FISOBER FSF
POIO B: Estela, Tania, Sofía, Nerea, Ahinoa. Tamén xogaron: Lucía, Íria, Andrea, Irene.
FISOBER: Adriana, Patri, Paula Fandiño, Ana, Barca. Tamén xogaron: Lucía Martínez, Saray, Mai, Nuriña.

ÁRBITROS: Alfredo Castro, Diego González.
GOLES: 0-1 min 5 Paula Fandiño, ( descanso), 1-1 min 22 Tania, 1-2 min 23 Patri.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 21 ª xornada de Liga Autonómica- Prefente Galicia disputado na tarde do domingo no P. do CEIP Lourido de Poio.

 

 

CRÓNICA

Tres puntos importantes a domicilio para un Fisober que non fixo o mellor dos partidos e estivo incómodo en todo momento. Nun partido no que Adriana tivo que colocarse baixo paus debido a lesión de Sharay o día anterior.
As locais sorprendían de saída co xogo de cinco algo que descolocou ao Fisober.

Aínda así ós cinco minutos Paula Fandiño poñía en vantaxe as visitantes e daba algo de tranquilidade o seu xogo.
O filial do Poio non renunciou ao xogo de cinco durante todo o partido e complicou ao conxunto costeiro que non atopou a maneira de botarlle o dente o xogo local. Os minutos foron pasando pero o resultado non mudaba e o conxunto costeiro seguía incómodo na pista. Co resultado de cero a un chegouse o tempo de lecer.

A volta de vestiarios todo seguía igual cas locais arriscando co xogo de cinco e un Fisober o que seguía resultándole difícil. O arranque da segunda foi un pouco tolo xa que Tania poñía o un a un no electrónico pero por sorte para as visitantes tan solo un minuto despois Patri voltaba a poñer en vantaxe as súas e devolvía a tranquilidade a un cadro costeiro o que despois do parón pola xornada de lecer que lle tocaba e o Entroido non está a pasar polo seu mellor momento.
O xogo pouco fluido visitante e o bo xogo local facía pensar que estaba máis preto a igualada que un novo gol costeiro.
As de Fran Toba tiveron que sufrir ata o último segundo para traer algo positivo da súa visita a terras de Poio pero finalmente conseguírono ante un moi bo rival que posiblemente mereceu máis polo visto sobre o rectángulo de xogo.

 Vindeiro compromiso

A vindeira semana chega o potente Vilalba que precisamente é o último equipo que gañou nas ID de O Conco fai case un ano alá por marzo do 2022. Curiosamente o anterior equipo que foi quen de ganar ao Fisober como local foi o Meigas en outubro do 2021 pero xogando en Cee.

-Fotos e Texto : Prensa Fisober FSF/Luis Sambad