PREFERENTE GALICIA
O Amarelle B púxolle as cousas difíciles o lider.
VIAXES AMARELLE B 4-5 FISOBER FSF
AMARELLE B: Tamara, Andrea, Laura Rivas, Sara Domínguez e Daryna. Tamén xogaron: Sofía, Tarasova, Olena.
FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Paula Fandiño, Nai. Tamén xogaron: Ana, Nuriña, Saray, Andrea.
ÁRBITROS: Juan Alberto Blanco, María Isabel Rodríguez.
GOLES: 0-1 min 5, Adriana, 1-1 min 8, Daryna; 1-2 min. 11, Adriana, 2-2; min. 11, Andrea; 2-3 min. 12, Nuriña; 2-4 min. 13, Patri; ( descanso), 2-5, min. 30, Adriana; 3-5, min. 31, Andrea; 4-5, min. 38, Andrea.
INCIDENCIAS : Partido correpondente a 24ª xornada de Liga Autonómica – Preferente Galicia disputado na tarde – noite do domingo no P. San Francisco Javier de A Coruña.
O Fisober chega o parón mandando en solitario.
CRÓNICA
O Fisober sacou adiante un difícil compromiso ante o filial viaxeiro, o que mantén as costeiras unha xornada máis no alto da táboa.
O partido iniciou como finalizou con emoción e ritmo, no primeiro minuto un gol de Adriana poñía en vantaxe as costeiras.
Non tardou en repostar Daryna xa que nese mesmo primeir minuto poñía a igualada no electrónico. Un minuto e un gol para cada equipo.
Foron pasando os minutos e aínda que había ocasións para cada equipo, as porteiras facían que o resultado non se movese. Ata que mediada a primeira metade no minuto once Adriana voltaba a poñer en vantaxe ó Fisober. Coma no inicio no mesmo minuto igualaba Andrea para poñer o empate, esta vez a dous tantos. Aínda que desta a igualada durou pouco xa que no doce Nuriña facía o dous a tres para as costeiras, e no trece Patri daba máis vantaxe co dous a catro. Pasaron os minutos e o tanteador xa non se moveu ata chegar ó tempo de lecer.
A volta dos vestiarios as viaxeiras querían voltar a entrar no partido e as visitantes matalo definitivamente. Minuto a minuto o resultado non se movía. Ata que mediada a segunda metade Adriana facía o dous a cinco e o seu terceiro gol no partido. As locais non se rendían e tan solo un minuto despois marcaban por mediación de Andrea para devolver a emoción. Os minutos pasaban e ambos conxuntos buscaban o éxito particular. A dous para o fin Andrea facía o seu terceiro gol da noite e poñía o catro a cinco no marcador.
Con ese gol a emoción e os nervos sobrevoaron a pista, pero o electrónico xa non se moveu ata o fin, e os puntos viaxaron cara terras costeiras para manter o liderato.
A vindeira xornada alá polo seis ou sete de abril o Fisober recibe a visita do Balaídos que ven de golear ó potente Cidade de Pontevedra.
-Foto e Texto : Prensa Fisober FSF