O FISOBER CADETE MASCULINO FIRMA A PERMANENZA NA LIGA GALEGA A FALLA DUNHA XORNADA PARA O FINAL DE LIGA.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

O Fisober xogará a vindeira tempada de novo na Galega.

Tan solo competía o cadete masculino que era o último equipo da base do Fisober por pechar a tempada e acadou o punto que necesitaba para garantir a permanencia na Liga Galega unha tempada máis, asegurando non sufrir na última xornada e ademais evitando os posibles arrastres, acadando unha meritoria novena praza da clasificación.

Na Liga Galega Cadete Masculina o Fisober recibía na tarde do sábado no PM de Cee ao Imafer O Parrulo B co resultado de igualada a cinco goles.

Polo Fisober formaron: Brais, Pablo Costa, Javi, Iago Larrañaga, Álex; tamén xogaron: Adrián, Leo, Adan, Yonatan.

Os goles costeiros foron obra de Iago Larrañaga en dúas ocasións, Pablo Costa, Álex, Adrián.

Os colexiados foron Noemi Costoya e Carlos Raggiati.

A vindeira semana para pechar a tempada visitan ao AJ Pombo Hércules que ven de proclamarse campión esta semana.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad