Nun puido ser e nun Pavillón de Cee ateigado de siareiros o equipo alevín do Fisober FSF quedou ás portas da final da Copa Galicia da Preferente despois de caer na quenda de penaltis por 0-3 fronte ao Lóstrego CF, logo dun emocionante encontro que rematou con empate a tres goles.
As costeiras tiveron que remar contracorrente tras verse cun 0-2 adverso no marcador. Marina Andrade adiantou ao Lóstrego no minuto 13 e Eva Carvallo ampliou diferenzas no 18’. O Fisober reaccionou e conseguiu igualar a contenda grazas aos tantos de Iria e Lucía.
Xa na segunda metade, Lucía volveu adiantar ao conxunto rival á media hora de xogo, pero catro minutos despois apareceu de novo Eva Carvallo para establecer o definitivo 3-3 e manter con vida ás fisoberistas.
Finalmente, a eliminatoria resolveuse desde o punto de penalti, onde o Lóstrego estivo máis acertado e conseguiu o pase á final tras vencer por 0-3.
Fisober FSF : Jimena, Carmen Toja, Eva Carballo, Vega, e Marina, (cinco inicial); Xenia,Sofía Paz, Anais, Lucía, Noemi e Aroa.
Árbitros : Jorge Fernández e Nicolás Cutrone.
As infantís na final
As infantís pasaron a final que xogarán ante o a final da sua categoría tras tomrse a revancha ante o Arealonga ao que derrotaron por 3-0, tamén no Pavillón de Cee nun choque xogado tralo das alevíns e do que premendo AQUÍ podes ver a crónica que fixemos. A final será ante o ED Poio Pesamar FS-Milongas, está datada para o 7 de xuño, (non confirmada), e sen sede, que supoñemos sairá antre hoxe e mañán.

