O FERROLÁN, JAVI LEIRA, NOVO ADESTRADOR DO VIAXES AMARELLE FSF DA 2ª RFEF DE FUTSAL FEMININO.

O ferrolán, Javi Leira, asume o cargo de novo adestrador do
Viaxes Amarelle FSF para a próxima tempada

 

 Moitas novidades son as que se aveciñan no primeiro equipo do
Viaxes Amarelle FSF para a próxima tempada 2024-2025; pero a primeira e máis importante é dar
a coñecer ao que será o encargado de dirixir ao conxunto herculino na Segunda Federación Futsal
Feminina. E o responsable de dirixir, este novo proxecto, desde o banco será Francisco Javier
Leira García (Ferrol – 03/12/1973), un adestrador con experiencia no feminino e na categoría
que militasen as herculinas a próxima tempada.

Javi Leira é Técnico Deportivo Superior en Fútbol sala (Nivel III) desde o ano 2017; e tras
o seu paso como xogador no Boandanza Fene FS; desde o ano 2009 centrouse en labores de formación
como adestrador de equipos basee nos clubs do EFS Río do Pozo, Comarcal A Fervenza
FSF e Ou Parrulo Ferrol FS.

Nas tempadas 2014-2015 e 2015-2016 tivo a súa primeira experiencia no fútbol sala
feminina co Valdetires Ferrol FSF, onde colleu o equipo en Segunda División na súa primeira
etapa, e ascendeuno á Primeira División, onde quedou a un punto de conseguir a permanencia.
Tras esta etapa, pasouse ao masculino, e dirixiu ao Ventorrillo FS na Segunda División FS B
na tempada 2016-2017; para na súa seguinte tempada retornar ao feminino da man do
Valdetires Ferrol FSF na Segunda División Feminina FS. Durante este período (2016-2019) exercía
tamén como Director deportivo do SCDR Narón Freixo.

A súa carreira continúo, volvendo ao masculino; onde adestraría novamente ao Ventorrillo FS na
Segunda División B de fútbol sala na tempada 2019-2020; e o seu seguinte paso foi na tempada
2020-2021 como adestrador do equipo Xuvenil de División de Honra no Cidade de Narón FS.
Xa a súa última vinculación nos bancos de fútbol sala, foron nas tempadas 2021-2022 e
2022-2023 como adestrador do Valdetires Ferrol FSF na Segunda División Feminina FS. Como
anécdota curiosa, o seu último partido como adestrador co Valdetires Ferrol FSF contra o Viaxes
Amarelle FSF; acabou coa única derrota que o equipo herculino había cultivado durante esa tempada
2021-2022, onde o equipo ferrolán e herculino coincidiran na Segunda División
Feminina FS.

A directiva herculina e técnico xa ratificaron a súa unión de fronte a pasada tempada o pasado venres
21 de xuño de 2024; e agora tocará ir planificando a nova tempada, onde haberá
moitas caras novas no persoal; e iniciarase un proxecto onde se pretende apostar pola
mocidade e polas xogadoras locais para ir crecendo aos poucos. Sen présa, pero sen pausa.

 

Amarelle e Piru rescindían contrato a pasada semana

O Viaxes Amarelle FSF e o técnico madrileño Raúl Castro “Piru” chegaban a pasada semana a un acordo para non continuar ligados a próxima tempada. O obxectivo do equipo na campaña recentemente terminada non se cumpriu, descendendo de categoría, e iso foi determinante para que o club e o adestrador tomasen esa decisión. O equipo realizou unha boa primeira volta pero na segunda apenas logrou tres vitorias e aínda que chegou á última xornada con opcións finalmente non puido conseguir o obxectivo da permanencia.

Piru despedíase con agradecemento cara ao club, xogadoras e resto do staff, no que cualifica como “unha campaña para a aprendizaxe persoal e colectivo . Realizamos un gran traballo ao longo dos meses pero pagamos moi caro certas debilidades defensivas e iso nos catapultó á zona baixa. Na última xornada non dependiamos de nós e finalmente non se produciu o milagre”.

“Vou contento porque foi a miña primeira experiencia lonxe de casa e o trato recibido na Coruña foi fantástico, pero tamén me vou un pouco decepcionado porque o traballo non se vió reflectido sobre a pista”, destacaba Piru que ten en mente seguir adestrando a próxima tempada para o que xa iniciou algúns contactos.

O Amarelle pola súa banda está inmerso nun proceso de renovación para afrontar a Segunda División con garantías de retornar pronto á máxima categoría. Para iso nestas semanas estase en negociacións para rescindir contactos e para incorporar a novas xogadoras coas que afrontar o reto.

 

-Foto e texto : Prensa Viaxes Amarelle FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies