O FC CAMARIÑAS XOGARÁ EN MUXÍA OS ENCONTROS DO “DESTERRO” E O CAMELLE DA UNHA SEMANA MÁIS DE ESPERA

 

O FC Camariñas xogará os encontros de suspensión na Arliña, (Muxía)

Tal e como o contábamos a pasada semana nas novas breves do fútbol costeiro, Vicente Carril preguntáballe ao novo presidente do Muxía CF sobre a posibilidade de que o FC Camariñas puidese xogar no “Municipal da Arliña”os 3 encontros que ten de suspensión polos feitos acaecidos na volta da semifinal da “LVI Copa da Costa” no “Hermanas Patiño”, ante o Cabana SD. O presidente do clube muxián, Juan José Busto, trasladoulle a petición ao Concello de Muxía, propietario do campo, e na persoa do seu alcalde, Iago Toba, deu o visto bo a que os camariñáns poidan xogar os seus encontros na Arliña. Cando salgan os calendarios terán que facer cadrar as datas e horas, para non coincidir cos equipos do Muxía CF.

O Comité de dispciplina sancionou ao clube camariñán con unha multa ademáis de 3 encontros de sanción o campo e 2 máis nos que terán que xogar a porta pechada, na vindeira 3ª da Costa 2019/20.

Fai un par de anos co “Campo da Arliña” en obras, o Muxía CF tamén tivo que xogar varios encontros no “desterro” e foi no “Hermanas Patiño” de Camariñas no que fixo a pretempada e xogou os primeiros encontros de liga.

 

O SD Camelle da unha semana máis en busca de alguén que o colla

Na xuntanza que tivo lugar no “Campo do Rodeiro”, en Camelle, non apareceu ninguén que se queira facer cargo do SD Camelle. Rubén Pose, en espera de que apareza alguén, dou unha semana máis de prazo a ver se aparece alguén que queira facerse cas rendas do clube : “Como para a semana non se presente nadie para a siguiente teremos que dar de baixa o club, o final onte non se presentou nadie para coller o club”, decíanos Rubén.

 

++++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es