O FC CAMARIÑAS BRILANTE CAMPIÓN DA 3ª DA COSTA 2019/20.

O FC Camariñas brilantes campión de liga.

 

O FC Camariñas ven de proclamarse campión da 3ª da Costa 2019/20 tras derrotar ao CF Castrelo por 4-1. Os camariñáns tal e como o apuntábamos na previa da Axenda do Fútbol da Costa precisaban dun punto tralo empate do Outes CF da pasada semana, xa que os superaba nese punto e nesta xornada descansaban, como o fixeran os camariñáns na anterior. Non deron pé as dúbidas os de Berto Suárez e goleaban o equipo vimiancés con goles de Brandon, (2), que ademáis é o máximo goleador do equipo e da competición, Óliver e Javi Antelo. Para os vimianceses marcaba o muxián, Rodri, o que era o 3-1.

Os camariñáns acaban ademáis a liga como o equipo máis realizador con 64 goles a favor, e o 3º menos goleado con 22 a esperade como quede o UD Monte Louro que ten 2 goles menos ca eles con 20.

 

Plantilla FC Camariñas 

Xogadores : Brais, Javi Antelo, Barreiro, Brandon, Roi Carril, Soule, Óliver, Carlos, Antonio, Rodrigo, Pablo Novo, Manuel Pasantes, Mickael, Pablo Suárez, Martín, Nico, Jesús, e Daniel.

Técnicos : Berto Suárez e Abel Barcia

Delegado : Miguel Ángel Carril

Presidente : Vicente Carril

 

A noso máis cordial noraboa a toda a familia que forma o equipo camariñán, xogadores, técnicos, axudantes do clube, diretivos e afeccionados.

 

Durante a semana faremos un especial do final de liga e do campión, xa que como xa sabedes esta semana estamos a traballar na web só con cousas especiais por asuntos familiares graves, queremos aproveitar para agradecer os centos de mensaxes que recibimos.

22ª Xornada

(Derradeira da liga regular)

07-08/03/2020

(Horario unificado das 17:00 horas)

Sporting Seaia CF – UD Monte Louro

FC Camariñas 4-1 CF Castrelo   

 SD Laxe – SD Camelle  

 CF Porteño – UD Corcubión – 

SD Ameixenda – CD Nantón

Descansa : Outes CF

 

-Foto : Berto Suárez

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.