O FABRIL SÁELLE TODO E FÍLTRASE NA PROMOCIÓN DE ASCENSO A 2ª RFEF.

 

Fabril 3-0 Rápido de Bouzas

Non fallou a afección a sua cita en Abegondo, non fallou o Fabril que tiña que derrotar ao Rápido, e sí fallou o Racing Vilalbés, que caía por 1-0 ante o Ourense CF. Deuselle todo o filial deportivista para poder entrar na promoción de ascenso a 2ª RFEF, na derradeira xornada do Grupo 1 da 3º División.

O Fabril deixou solventado o encontro pola vía rápida, cos 3 goles na primeira metade, obra de Víctor Manuel, (13´), David Martínez, (28´), e David Mella, (39´). Non puido contar con Yeremay que xogou co primeiro equipo en Talavera. Gran mérito dos de Óscar Gilsanz, un equipo feito na sua maioría polos xuvenís que o ano pasado se proclamaron campións de España e que xogaron a Youth League.

Así foi a derradeira xornada

O Ourense CF tiña que gañar para optar ao título e ao ascenso direto, que otorga a primeira praza, pero non errou o Polvorín FC, que derrotaba 2-1 ao Viveiro CF, e eran os lugueses os que se facían co título e co ascenso a 2ª RFEF.

Promociónan o Ourense CF, (2º), UD Somozas, (3º), CD Barco, (4º) e Fabril, (5º).

Por abaixo a loita por evitar o descenso estaba xa finiquitada, a excepción ca 14ª praza que daba pé a esa praza de “moribundo” con esperanzas de recuperación, pois está condicionada aos arrastres, unha praza que aguantou o CF Noia, gracias ao seu empate co CD Choco, (1-1). Descenden direto o Juvenil de Ponteareas, Atlético Arnoia e SD Sofán. O equipo costeiro remata a sua histórica aventura na 3ª División, na derradeira posición con 17 puntos de 4 encontros gañados, 5 empatados e 23 perdidos.

-Foto : RC Deportivo

Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies