O FABRIL LÉVASE A “XXXI COPA DEPUTACIÓN DA CORUÑA” ANTE UN BO BERGANTIÑOS

Un gol de Mosquera ao fío do descanso deulle o título de campión da “XXXI Copa Deputación da Coruña” ao Fabril ante un Bergantiños CF que plantou cara e que vendeu cara a derrota ante o seu púbrico no “Campos das Eiroas” de Carballo e mereceu a lo menos o empate, en especial cando a falla de 13 minutos para o final os fabrilistas quedaban cun menos por expulsión de Eimil.

Esta é a sexta Copa Deputación para o Club, tralas logradas en 1988, 1989, 1994, 1997 e a última en 2001, nunha final ante o Imperátor OAR.

Bergantiños CF: Canedo; Bilal (Toni, 76´), Marcos Rodríguez (Aarón, 54´), Iago López, Antonio, Agulló, Cano (Willian, 76´), Diego (Duque, 56´), Rubén Rivera, Remeseiro e Yelco (Álex Diéguez, 68´).

Deportivo Fabril : Viorel; Valín, Eimil, Bourdal, Parga, Kanouté, Mosquera (Sarmiento,  56´), Novo (Reinoso, 79´), Jawed (Taboada, 88´), Villares e Aarón.

Goles: 0-1, Mosquera, (41´).

Árbitro: Adrián García Rodríguez. Amonestou a Rubén Rivera, Duque e Antonio polo “Bergan”, e a Bourdal, Villares, Parga, Kanouté polo Fabril, con cartóns amarelos. Expulsou por dobre cartón o fabrilista Eimil (33´e 77´).

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies