O FABRIL-BERGANTIÑOS EN RIAZOR TRALO DEPOR-LUGO DO 1 DE MARZAL ENCONTROS PARA OS QUE O CLUBE PON A VENDA ENTRADAS A 10 EUROS POR AMBOS.

 

O partido do Grupo I da Terceira División entre o Deportivo Fabril e o Bergantiños CF, correspondente á 26ª xornada do grupo galego, disputarase o domingo 1 de marzo en ABANCA-RIAZOR.

O encontro disputarase a continuación do partido da 2ª División Española de Fútbol entre Deportivo e CD Lugo previsto para as 16:00 h. (15:00 GMT), do Domingo 1 de Marxzal, polo que o encontro entre o filial e o conxunto carballés arrincará ás 18:30 horas, (17:30 GMT).

Todos os socios e afeccionados do Deportivo que estean no interior do Estadio para ver o partido de LaLiga poden permanecer na súa localidade para ver o partido de Terceira División. Os seguidores do Bergantiños que queiran acudir ao partido poderán comprar as entradas a través do seu Club, (Puntos de venda : As Eiroas, Oito Bar e A Bombonera), localidades que, por cortesía do Real Club Deportivo, tamén lles dará acceso ao Dépor-Lugo.

ENTRADAS EXCLUSIVAS PARA SOCIOS PARA O DEPOR-LUGO

O Real Club Deportivo pon á venda o xoves 20 de febreiro as entradas para o Dépor-Lugo da 30ª xornada de LaLiga SmartBank que se disputa no Estadio ABANCA-RIAZOR o domingo 1 de marzal a partir das 16:00 h.

As entradas de público só estarán a diposición dos socios do Club a prezo único de 10 euros, cun límite de 4 entradas por socio e venda exclusiva en puntos de venda físicos: Oficina de Atención ao Deportivista e DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City. Quedan exentas desta oferta a entradas da área 1906.

Os tickets poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas; e de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).

As entradas tamén son válidas para o partido que se disputará a continuación no propio Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Fabril e o Bergantiños, de Terceira División (18:30 h.).

-Foto : rcdeportivo.es

-Texto : piratasdemuxia.es/rc deportivo

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies