O EXTREMADURA VISITA RIAZOR O DOMINGO XA DESCENDIDO.

O Extremadura venceunos na primeira volta 2-0.

 

Tralos resultados de onte co empate do Albacete ante o Sporting de Xixón, (1-1), que comezou moi ben e que puido poñerse ata 0-3 con ocasións moi craras, desapareceu na segunda metade e mereceu gañar o equipo albaceteño. No outro encontro no que xogaban os intereses deportivistas o Numancia plantoulle ara a un Rayo Vallecano que dilapidou un 2-0 e dominando totalmente para acabar 3-2 ante un equipo o numantino que a pesares de qudar con 10 loitou ata o final polo empate.

Con estes resultados o Albacete ponse con 46 puntos a 2 dos nosos e manda de novo ao CD Lugo o descenso, quedando así o Depor a 3 puntos desa praza que ocupan os lucenses e que marcan o límite cos numatinos por debaixo a 4 dos nosos.

Tamén con estes resultados o Extremadura xa é equipo da 2ª B, dado que quedan 9 puntos por disputarse e o máximo que aspirarían cos 37 que teñen sería a sumar os mesmos 46 dos albaceteños, que lles teñen o golaveraxe gañado. Polo tanto o equipo extremeño chegará a Riazor, (17:00 horas-15:00 GMT), o vindeiro Domingo a enfrontarse o Depor co descenso matemático.

 

-Foto e Texto :  Google Images/piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.