A pesares de que o tempo é desapacible a chegada de peregrinos, iates e visitantes a Muxía avivada polas diferentes canles de chegada ó pobo. Ven e certo que o tempo baixou as visitas nesta semana pero os camiños e o Parador de Lourido fai que siga habendo movemento.
Como sempre que lle chega algún famoso polo seu local, o noso cliente, amigo e colaborador da web, o chef Álvaro Rodríguez, ex presidente e xogador do CF Muxía, e fervente siareiro, saca a foto de rigor coa camiseta do clube muxián. Desta volta o que pasou o trámite foi o ex toreiro Fran Ribera, ex Duue de Montoro. O madrileño fillo de Paquirri degustou as delicatessen da “Lonxa D´Álvaro”. O toureiro estivo acompañado do cantante sevillano José Manuel Soto. Ambos pasaron unha semana na Vila da Barca.
Documental no “Son de mar”
Tamén se pasou por Muxía no día de onte unha productora internacional a grabar na cociña dos nosos amigos e clientes de produtos do mar, Manolo Antelo e Belén Lema, o restaurante “Son de mar”, donos tamén do “A casa do peixe”, a poucos metros un do outro na entrada de Muxía.
A produtora formada por españois, portugueses, ingleses, franceses e mexicanos, tras grabar cociñando as delicatessen do local con productos da nosa zona compartiron mesa e mantel cos propetarios do local.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Fran Ribera : Álvaro Rodríguez

