Segundo informa a Voz de Galicia, que a pesares do mal efecto ante os socios e afeccionados, parece ser a voz do clube, ou dalgún do mesmo, Ian Mackay, criado na canteira deportivista e que deixou o clube fai 15 anos para enrolarse no Ceuta, é novo xogador deportivista.
O meta coruñés de pai escocés, foise con 20 anos o equipo da provincia africana, para pasar de aí o Universidade de Oviedo, despois o Vecidario, dalí o Ciudad de Santiago, a Ponferradina, o Sabadell, o Atlético Baleares, o Racing de Ferrol (5 tempadas), o Murcia e de volta o Sabadell, no que este ano disputou 41 encontros na 2ª División.
Volve un rapáz da casa, polo que pedíamos cando tivemos a peor xeira de porteiros da historia recente do RC Deportivo, cos Pletikosa, Manu e Pantalimón.
Agora cabe esperar a que o clube confirme a fichaxe, como xa pasou, tras decilo primeiro o xornal coruñés, con Rubén de la Barrera, Raí, ou Menudo. O porteiro que cumple o vindeiro mes 35 anos, chegaría coa carta de libertade e asinaría por duas tempadas.
Sona con moita forza a volta de Luis Fernández, o cal xa estivo a piques de retornar no mercado invernal. O xigador burelés xogou esta tempada no Asteras Trípoli un total de 20 encontros da Supr Liga Grega, anotando 7 goles.
Carta despedida do xogador o Sabadell e a sua afección
-Foto : cesabadell.cat
Texto : piratasdemuxia

