O ESTORDENSE, RUBÉN GARCÍA, NOVO ADESTRADOR DO LARACHA CF.

Rubén García dirixirá o Laracha CF.

O ceense de Estorde, Rubén García, (1987), afincado en Arteixo, fai uns días acadaba o fito de ascender ao Suevos CF, tras collelo a principios de ano na 7ª posición, cos mesmos puntos co 9º, nunha liga de 13. Unha semana despois era chamado polo Laracha CF, para ser o coordinador do fútbol base do equipo larachés. Foi presentado en comunidade na Casa da Cultura da Laracha.

Tan só outra semana despois, no día de hoxe, era presentado como novo adestrador do primeiro equipo larachés, que milita na Preferente Norte. Equipo no que xa foi xogador na 3ª División.

Rubén García, que ten mamado o fútbol dende a cuna, tanto no apartado de xogador, coma de adestrador e de redactor de deportes.

Como xogador militou no Conxo, Calasánz, Atlético Arteixo, Laracha, Cerceda, Dumbría, Club do Mar de Caión, ou Fisterra.

Como adestrador de base, ascensos co Atlético Arteixo Cadete, (a Liga Galega 2012/13), e co Cerceda Xuvenil, (2014/15).

Como adestrador senior, ascendeu co CD Boiro a 2ª B, sendo segundo de José Luis Lemos, e fai un par de semanas ascendeu a 2º Galicia, ao Suevos CF.

No que se refire a prensa, foi redactor de Radio Noroeste, Depor Sport, e actualmente, e dende fai moitos anos, no DXT Campeón. Ademáis de escribir e participar en diversos medios, de radio, xornais e revistas deportivas en papel, e en internet.

Colaborador asíduo da nosa web, e diseñador da nosa primeira web no 2007.

O noso maior desexo de éxito nesta nova andaina.

-Foto : Laracha CF

-Texto : piratasdemuxia