O “ESTADIO DAS EIROAS” ACOLLERÁ O “I CAMPUS TEC ESCOLA DONATO”.

 

Levarase a cabo do 23 de decembro ao 5 de xaneiro, en dúas quendas, e os
xogadores e xogadoras do clube, así como da Escola TEC Luis CalvoDonato, aplicaráselle prezo reducido

A actividade de tecnificación desenvolverase en dúas ubicacións: nas
instalacións do Estadio Municipal de As Eiroas e no pavillón do CEIP
Netoma de Razo.

As Escolas Luis Calvo Sanz e o Bergantiños FC colaboran coa organización do primeiro
Campus TEC Escola Donato nestas datas da festividade do Nadal.

A actividade de tecnificación, na que se combina formación con actividades lúdicas, está
dirixida a todos os nenos e nenas de Carballo así como da contorna da comarca de
Bergantiños.

O Campus TEC de Nadal Escola Donato levarase ca cabo en dúas quendas, en horario de 09:30 a 14:30 horas de luns a venres. A primeira será do 23 ao 29 de decembro e a
segunda quenda do 30 de decembro ao 5 de xaneiro.

As e os interesados poderán participar nas dúas semanas do Campus e aplicaráselle un prezo reducido aos xogadores/as da Escola TEC Luis Cavo- Donato, do Bergantiños FC e das Escolas Luis Calvo Sanz. Tamén os alumnos e alumnas do CEIP Netoma de Razo e o CEIP Gerardo Diego de Caión poderán acollerse a este desconto.

Amais os participantes poderán elixir onde realizar o Campus TEC pois a actividade
desenvolverase en dúas localizacións: nas propias instalacións do Estadio Municipal de
As Eiroas e no pavillón do CEIP Netoma de Razo.

As prazas son limitadas e o prazo para realizar as inscricións xa está aberto. Para elo,
deberán cubrir a solicitude que poden descargar das redes sociais oficiais do clube, así
como tamén poden recoller a folla de inscrición na propia oficina de As Eiroas. As
solicitudes para participar no Campus TEC Escola Donato tamén se deberán entregar na
oficina das instalacións do campo de fútbol de As Eiroas.

Escolas Luis Calvo Sanz

As Escolas de fútbol que preside Chicha Calvo, creáronse no ano 2001. Luciano Calvo
Pumpido como presidente, e, José Ramón Torres Pichel como Director, foron os
fundadores desta institución deportiva que pretendía fomentar o fútbol base e os seus
valores deportivos en Carballo, comarca de Bergantiños, Costa da Morte e zonas de
influencia de A Coruña y Mariñas.

Logo da consolidación da estrutura, desde os 4 años ata a categoría de veteranos, no
ano 2016, créase a sección feminina coa participación de nenas en categorías base e
sénior.

Son moitas as actividades que se desenvolven para promover este deporte en Carballo
e no seu ámbito de influencia:

• Torneo Internacional Alevín Concello de Carballo.
• Torneo Fútbol 11 Alevín Conservas Calvo
• Torneo Benxamín 1er Ano Conservas Calvo
• Torneo Prebenxamín 1er Ano Conservas Calvo
• Concentración de Biberones Conservas Calvo
• Campus TEC de Tecnificación
• Campus TEC de Tecnificación Feminino
• TEC Departamento de Tecnificación

Na actualidade, a estrutura conta con 30 equipos, (2 biberón; 4 prebenxamín; 5
benxamín; 5 alevín; 1 promesas feminino; 1 feminino Copa Gallaecia; 4 infantil; 3 cadete; 2 xuvenil; sénior masculino; sénior femenino e veteranos), dirixidos por 38 técnicos
titulados, sumando máis de 500 licenzas, sendo un dos referentes de Galicia.
Bergantiños F.C.

O Bergantiños FC é o clube decano do fútbol federado na comarca de Bergantiños. O
clube vermello fundouse en Carballo no ano 1923, e conta cunha ampla traxectoria
deportiva e unha importante canteira da que saíron destacados futbolistas e
adestradores.

A súa historia e evolución fan deste clube, casi centenario, sexa
considerado un equipo referente tanto na comarca de Bergantiños como da Costa da
Morte.

O Bergantiños FC militou en 2ª división B nas temporadas 87/88 y 88/89. No seu
palmarés figuran dúas Copas Galicia (68/69 y 84/85) e un campionato de 3ª división
(93/94), destacando tamén varias participacións en Copa do Rei.

Na actualidade, o Bergantiños FC xoga na Liga de 2ª RFEF no Grupo 1 e está dirixido polo adestrador José Luis Lemos Ameneiro.

-Foto e Texto : Comunicación Bergantiños FC

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies