O equipo muradán segue engrandecendo a sua historia

O “Campo O Pombal” veu unha nova exhibición das Miúdas.

Juventú Cambados 0-5 ED As Miúdas 

-O equipo muradán segue engrandecendo a sua historia-


Nova goleada do ED As Miúdas na 21ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, batindo os seus propios records neste segundo ano de competición, en canto a vitorias, (16), derrotas, (tan só 4), goles marcados, (93), encaixados, (27), puntos, (49), máxima goleadora, (Bárbara, 38), e todo o que se lle está a poñer por diante, incluida a posición na táboa, na que tras esta goleada sobre o Juventú Cambados, (0-5), seguen como terceiras e con opcións de loitar pola segunda.

O ED As Miúdas golearon no campo cambadés do “Pombal”.
Juventú Cambados 0-5 ED As Miúdas 
 

Unha “manita” a domicilio conseguiron as Miúdas nun partido no que as de Cambados se emplearon con dureza pero non conseguiron frear a unhas muradanas que cimentaron a victoria cunha defensa ferrea e foron superiores ás rivales en case que os 90 minutos do duelo. O marcador abririao Pati culminando unha boa internada de Marta pola dereita que meteu un “pase da morte” preciso para facer o 0-1 no minuto 4. Aos 12 minutos Bárbara pola outra banda tras un rápido contraataque poría un centro-chut que a defensora tentando evitar que entrara se meteu dentro do marco co balón.

 
No minuto 25 tras combinar con Leti dende o medio outra xogada en profundidade para que Bárbara centrase dende a liña de fondo e novamente unha central cambadense mete o balón en propia porta facendo o 0-3. Ainda poderían as da Costa da Morte ampliar a vantaxe pero nin Bárbara nin Marta aproveitarían 2 boas ocasións ante a meta local co que se chegaría o descanso con 0-3.
 
Por enriba do resultado a mellor noticia para as visitantes foi o retorno de Eva tras unha grave lesión de xeonllo, e estivo expeditiva nos 35 minutos que disputou collendo xa o ritmo e velocidade que a caracterizan. O dominio visitante continuou con rápidas transicións e elaborando xogadas en ambas bandas buscando amplitude para facer dano a unhas xogadoras de Cambados que tiveron que cortar con faltas o dominio das “rossinejras”, así no 72 Bárbara é froito dun penalti tras regatear a súa defensora e ser trabada cando quedaba soa ca porteira. Antía materializaría o 0-4. E a goleada pechouna a propia Bárbara cunha boa finalización tras roubarlle a carteira a unha central local que se confiou nun balance defensivo no minuto 77.
 
ED As Miúdas :  Yaiza, Isa, Laura, Antía, María de Pastora, Leti, Marta, Bárbara, María Dosil, Sandra e Pati. 

Tamén xogaron :  Eva, Isa, Paula e Gala.


Goles : 0-1, María, (4´); 0-2, María Jesús, (12´ propia porta); 0-3, Maria Carmen, (25´ propia porta); 0-4, Antía, (72´ de penalti); 0-5, Bárbara, (77´).
 
Árbitro : Francisco Javier Raposo Barcia. Amonestou polo Juventú a Nieves.
 
 
+++++
-CLASIFICACIÓN-
-PRÓXIMA XORNADA-
 
Na vindeira xornada, (22ª), o ED As Miúdas visita ao SD Puentearnelas, (6º con 35 puntos), no “Os Chans”, (de céspede artificial). O encontro está previsto para o día 17 de Marzal ás 16:30 horas.
 
 
++++++++

Bárbara, (8) xa suma 38 tantos empatando no máis alto das goleadoras.

-GOLEADORAS ED AS MIÚDAS-

-Bárbara : 38

-Pati : 12

-Noelia : 9

-Antía : 8

-María Dosil : 5

-Ainoa : 4

-Gala : 3

-Leti : 3

-Marta : 2

-Laura : 2

-Sara : 1

-Eva : 1

-Natalia : 1

-Martina : 1

-Sandra : 1.

-PICHICHI DA LIGA-

-Bárbara, (ED As Miúdas) : 38*

-Melanie, (EFM Concello de Boiro) : 38

-Laura Gómez, (CD Unión) : 30

-Carla, (SD Chispa) : 26, (2 de penalti)

-María, (SD Chispa) : 25

-Lucía, (SD Chispa) : 20

-Alejandra : (Xuventú Aguiño) : 19, (1 de penalti)

-Os goles que aparecen nesta lista son os recollidos en acta segundo a RFGF-

ACLARACIÓN : *Especificar que na RFG a Bárbara contabilízanlle na RFGF, 37 goles en lugar dos 38 que leva. O erro polo que nos informan do clube muradán, é por mor de que aparece con 34 goles como Bárbara María e logo nun encontro no acta apuntáronlle un gol como Bárbara Caamaño, que ven sendo a mesma persoa. Na nosa lista sumámoslle ese gol.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-