O EMF VIMIANZO DASE DE BAIXA EN CADETES TRAS DARSE EN INFANTÍS FAI UNHAS SEMANAS

 

Se 3 escolas de fútbol hai na Costa da Morte dunha importanza relevante por non ser de ningún dos clubes da Costa, son a EMF Vimianzo a ED Os Miúdos de Muros e a FS As Baleas. Todas elas traballando a reo nas derradeiras décadas e vendo como moitos dos rapaces que hoxe fan as delicias noutros clubes en idades de senior, moitos deles estiveron nas filas de algunha delas.

Mal comeza esta tempada para o EMF Vimianzo, que xa na pasada tempada se lles privou de xogar da Copa, ao coincidir fútbol e fútbol sala, por mor dos orgañizadores.

Desta volta, fai unhas semanas anunciaban que daban de baixa o equipo de infantís, o motivo non era outro que se quedaran con só 8 xogadores, por mor da “fuga” a outros equipos, (por poñer un exemplo, segundo nos comentan dende a escola de fútbol vimiancesa, 6 xogarán no Muxía CF), e desta volta volve a recibir un mazazo o clube vimiancés o ter que dar de baixa aos cadetes o quedarse con tan só 7 xogadores dispoñibles, tal como nos apuntaba o máximo responsable da escola, Paco Oreiro, que tamén nos dicía que : “Esta temporada sabíamos que sería moi difícil crear estes equipos debido a inexistencia nas ultimas 3 temporadas, pero ofertámolo para que puideran ter opcións os rapaces de Vimianzo de xogar aquí. Nun futuro si haberá ditas categorías con total seguridade, cando suban os xogadores das categorías inferiores que xa dispoñemos”.

En ambos casos non se sortea, nin se sorteará o calendario, descansando o clube que xogaba contra os vimianceses.

Si terán representación nas ligas de Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns, tanto en fútbol coma en futsal.

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies