Vaia por diante antes de nada o noso desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación dos xogadores e membros do Fuenlabrada e que non contínuen aumentando os casos.
+++
O RC Deportivo non pideu en ningún intre o descensi do Fuenlabrada, xa que como dixo no día de onte Fernando Vázquez : “é un dagnificado máis desta situación”. O que si pideu o equipo deportivista, tal como aportou en documentación foi a suspensión da xornada, e non como din os antideportivistas, porque gañaron Lugo e Albacete, non…pedíronllo ás 21:07 minutos a LFP, RFEF e CSD, xa que se estaba vulnerando a competición o non cumplirse a lei por eles mesmos aprobadas de que as duas derradeiras xornadas tiñan que xogala en horario unificado tódolos encontros nos que se xogase algo. Explicamos : que se xogase o título de liga, ascenso direto, promoción ou descenso. Niste caso estaba en xogo o título de liga, unha praza de “Play-Off” e duas de descenso.
Tras haber diverxencia antre os estamentos, decideuse que se xogase todo menos o Depor-Fuenlabrada. Tomaron pola de Cuño e que esto se acabase canto antes e logo xa arranxaremos o resto, pero ese “resto” explotoulles na cara e agora a cousa complícase cada hora. Pasamos de que quedaran en Madrid un xogador do Fuenlabrada e o médico, a que forna un xogador e 3 membros do clube, (incluido o médico), pasouse de que viaxaron cumprindo o protocolo, a que non o cumpriron, a que xa os médicos fixeran un comunicado antes de sair de que non se podía viaxar, xa que ao haber un caso, tiñan que entrar en corentena os outros que estiveran en contacto con eles. Pasamos de que non estiveran nen un minuto xuntos a que foron caendo máis xogadores e chegando a cifra de 14 membros do clube e por desgraza, parace ser, un hospitalizado, ou iso se comenta.
LFP, RFEF e CSD, comezaron cas suas máquinas de destrucción comunicadora a meter contra o RC Deportivo, con misivas que foron caendo en poucos minutos ou horas polo seu peso, segundo van sabéndose máis cousas. Todo un despropósito do que xa deberían ter caido cabezas, en especial a de Javier Tebas, que apostou por que se xogase a xornada e que se lle veu o plumeiro en canto a vinculación co clube fuenlabrés tanto de maneira familiar como financieira.
O RC Deportivo pideu a suspensión da xornada, cousa que agora, con xa moitos dos xogadores dos equipos de vacacións, sería imposible e agora a este problema acumúlanselle outros, pois a denuncias, tanto deportivas como sanitarias, caen por tódolos lados. O Comité superior de Deportes, (CSD), xa vai contra os outros e xa comezan a sair os mobles pola ventana.
A situación sanitaria está a ser denunciada polo Concello da Coruña, Xunta, etc e traerá rabo, e a deportiva ten duas solucións moi craras. Facer unha liga de 24 e que os que quedaron antre o 3º e o 8º posto xogar a promoción, ou darlle o encontro por perdido ao Depor como manda a lei, pois quen dilinqueu e non se presentou para xogar o encontro no campo foi o Fuenlabrada, ou o seu descenso por unha “neglixncia sanitaria e deportiva grave”, que como lle pasou o Elche CF en Xuño do 2015, que a pesares de quedar 9º, foi descendido polo xuíz de Disciplina Social, Manuel Rivero, por unha “neglixencia administrativa”, a pesares de que o clube alacantino presentou uns pagarés. O beneficiado, o Eibar que estaba descendido e que trocou a sua vida e dende aquela segue na Primeira. Un Eibar ao que lle permiteu o Tebas non ter que convertirse en Sociedade Anónima Deportiva, pola sua “boa saúde económica”. Namentras que moitos outros ou se fixeron SAD ou descendían.
Nestes casos que se poden e un deles se debería dar o beneficiado, o RC Deportivo, e porqué?…pois porque fixo as cousas como tiña que facer e foi o perxudicado por non loitar no campo e que se veu inmerso sen comelas nen vevelas nesta situación.
Que descende por unha temporada desastrosa?…mentira…descende por media temporada desastrosa. Na segunda volta se lle dan os 3 puntos será o mellor equipo da mesma e con 3 atracos a man armada nos encontros finais ante Rayo, Málaga Tenerife, nos que lles chegarían os putnos que lle ROUBARON para salvar a categoría, e estaría inmerso no mesmo problema, pois Elxe e Rayo estarían a defender os seus intereses.
Defender o Depor e defender o noso…É de xustiza.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.