O EIBAR PAGA A CLAUSULA LIBERATORIA DE QUIQUE GONZÁLEZ E OUTRAS NOVAS DEPORTIVISTAS.

 

O Eibar paga os 3 millóns de euros da cláusula liberatoria de Quique González

Segundo informa o xornal madrileño Marca o Eibar ven de facer no día de onte a “clausula liberatoria” de Quique González,unha clausula que se tiña que facer efecitba no día de onte e de non ser asi pasaría a ser a sua clausula de rescisión de maior cuantía, tal e como xa fixo o ano pasado o Depor para traelo do Atlético Osasuna. O equipo deportivista pagou por Quique de 29 anos 1,7 millóns de euros, e pasaría a valer 5 millóns tralo prazo desta clausula.

Quique foi o gran referente do equipo o ano pasado marcando 17 goles e dando duas asistencias, sendo o segundo máximo goleador da liga.

 

Interese por Edu Expósito

O Depor necesita facer caixa para elevar o tope salarial e para retocar o equipo nas posicións que precise. O clube eibarretxe tamén negocia por Edu Expósito, pero neste caso o prezo de saida é dos 10 millóns da dua cláusula de rescisión, polo que terá que haber entendemento antre os clubes ou pagar esta cantidade. Dende a 2ª Divisisón inglesa tamén hai interés polo medio catalán que o ano pasado deu un gran rendimento e que apunta moi alto.

Sobre todo isto non hai confirmación oficial, só os rumores que trascenden tanto aquí como en terras vascas e neste caso a afirmación do xornal madrileño de que se pagou a “clausula liberatoria” de Quique González.

 

Pablo Marí o Flamengo

Tal e como se apuntaba fai uns días o Flamengo brasileiro tiña un grande interese en facerse cos servizos do central Pablo Marí, algo que parecía inaudito polo troco tan radical de xogar en Europa a irse a Brasil, un camiño que os brasileiros adovecen por facer o revés. As novas que chegaban de Brasil eran certas eo clube flamenguista xa anunciou a fichaxe do ex deportivista.

 

A espera de Garu Shibasaki

Todo segue igual a espera de que Getafe e Depor sellen pacto sobre o futuro do medio Garu Shibasaki que pola sua banda está disposto a recalar no clube deportivista. En terras afirman que hai máis ofertas e que antes teñen que falar co xogador que estará de volta tralas vacacións o vindeiro luns.

 

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es