O Escola de Fútbol Concello de Camariñas “Juan Cabrejo” gañouse o seu dereito a ir a promoción de ascenso a 2ª Galega Feminina G1, tralo baremo utilizado pola RFGF.
A realidade absurda que decide nos despachos o que se tiña que decidir no terreo de xogo é que en vez de promocións ascenden os 4 mellores terceiros dos 6 grupos, tal como nos comenta o adesrador do clube camariñán, Juan cabrejo : “Por puntos nos tíñamos que estar neses catro, pero o haber grupos que tiñan menos equipos que outros fixeron un baremo e nos quedamos fora”.
O inxusto caso do descenso da Esteirana tampouco motiva un ascenso.
Moito disgusto deu o fútbol costeiro o descenso da SCDR Esteirana que tras acadar a permanenza no terreo de xogo foi descendido por unha mala praxis do SCD Milagrosa para non ir xogar a Esteiro e asegurarse os 3 puntos e a promoción de ascenso a 1ª Galega G1, pero abocando ca sua denuncia e sen tremerlles o pulso, sen pensar o agravio que lle facían a un clube e a un pobo, denunciando que as rapazas das Salinas xogaran en mais de 3 encontros con menos de 11 xogadoras, o que foi un acto de raza e valentia das rapazas dirixidas por Fran Figueroa, que disputaron os encontros coma se fosen 12 no campo.
Tamén nos conta Juan Cabrejo o que se decideu ralo descenso da SCDR Esteirana : “O baixar as rapazas de Esteiro parecía que o máis normal era que subise un máis da 3ª Galega, pero seica o que fan é manter a un dos que descendía da 2ª Galega, polo que ao non haber un ascenso máis da nosa liga tocanos seguir como estábamos”. Este feito denota que polas leis do fútbol, e sobre todo polo acto de mala fe do SCD Milagrosa, baixou a Esteirana que gañou a permanenza no campo, xa que sen esa denuncia, nada houbese pasado, e se esto é así tocoulle a lotaría de rexeite o Cultural Maniños, se non nos erramos.
.
-Foto : EFCC Juan Cabrejo
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
